A Xunta aproba a reforma das oficinas xudiciais en Galicia

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou a Oficina de Xustiza do Municipio de Oroso, onde informou da aprobación da reforma das oficinas xudiciais de Galicia no marco da implantación da Lei de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza. Segundo indicou, o Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as distintas resolucións polas que se aproban o deseño e estrutura organizativa, así como as relacións de postos de traballo dos rexistros civís, das oficinas de xustiza e das oficinas de xustiza nos municipios.

Durante a visita, Diego Calvo destacou precisamente a importancia das novas oficinas de xustiza do municipio, xa que con elas os actuais xulgados de paz evolucionan para facilitar unha maior proximidade á cidadanía e permiten dispoñer de servizos en todo o territorio, especialmente no rural para evitar o despoboamento. “A Oficina de Xustiza no Municipio configúrase como a porta de acceso á Administración de Xustiza”, apuntou.

O conselleiro explicou que estas oficinas son as que rexistran máis novidades coa reforma, xa que, ademais de manter os actuais servizos, ampliará o catálogo de xestións nos concellos con menos poboación e cunha atención máis próxima. Así, co obxectivo de evitar que as persoas residentes nestes municipios teñan que desprazarse para realizar xestións presenciais, dotaranse dos medios tecnolóxicos necesarios para intervir a distancia nos actos procesuais. Estas 268 oficinas en Galicia teñen como prioridade prestar un servizo á Administración de Xustiza e amplían tamén a súa actividade ao resto das administracións públicas.

Diego Calvo destacou o especial esforzo que supón para Galicia a implantación desta reforma, realizada seguindo o modelo de referencia aprobado nunha Conferencia Sectorial de Xustiza, polo elevado número de partidos xudiciais, a dispersión territorial e a diferente tipoloxía. Incidiu ademais en que esta reforma non vén acompañada dunha transferencia orzamentaria, polo que lamentou a falla dunha análise do custo inicial da súa implantación e que as novas normativa estatais non se acompañen dos orzamentos necesarios, cargando os gastos da reforma nas comunidades autónomas con competencias en xustiza, como a galega.

O conselleiro lembrou precisamente que na última sectorial de Xustiza celebrada en Barcelona o Goberno non incluíu na orde do día os puntos solicitados desde Galicia e outras comunidades autónomas, entre os que figuraba o financiamento polos custos da implantación. Por iso, insistiu en que o Goberno de España debe, canto antes, consensuar coas comunidades unha orde do día para a celebración da Conferencia Sectorial que contemple os aspectos que afectan os distintos territorios para implantación da Lei de eficiencia. So así, asegurou, a celebración de sectorial será produtiva para as distintas comunidades, en lugar de “citarnos para facer unha foto”.

No que se refire á resolución publicada hoxe pola que se aproba a estrutura de todas oficinas xudiciais, sinalou que busca un deseño flexible e adecuar a súa dimensión e organización conforme as exixencias da nova lei de maneira gradual e progresiva. Así, nunha primeira fase establécese a constitución das novas oficinas de 38 partidos xudiciais para antes do 1 de xullo, mentres que para as oficinas xudiciais situadas nas sete cidades galegas a fase de implantación remata o 31 de decembro, completando así a reforma nos 45 partidos xudiciais existentes.

Canto aos postos de traballo, nas resolucións publicadas apróbanse os correspondentes ás oficinas xerais dos rexistros civís e ás oficinas de xustiza da primeira fase de implantación, así como ás oficinas de xustiza nos municipios pertencentes aos 38 partidos xudiciais que se transforman. Unha vez publicadas estas resolucións, acordarase cos sindicatos a reorganización dos funcionarios nos postos de traballo das oficinas xudiciais e oficinas de xustiza do municipio.

FUENTE

  • Related Posts

    Arranca De Pobra a Portosín: Tapeando polo mar, iniciativa para promover productos locales.

    A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 16 de maio de 2025 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participó en la tarde de este viernes en el inicio de la iniciativa…

    Román Rodríguez anuncia adxudicación do cambio de cubiertas do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

    Ribadumia (Pontevedra), 16 de mayo de 2025 El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitó hoy el Colexio Centro Público Integrado CPI Julia Becerra Malvar, en Ribadumia,…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    Homenaje a las cantareiras por el Día das Letras Galegas 2025

    Homenaje a las cantareiras por el Día das Letras Galegas 2025

    Arranca De Pobra a Portosín: Tapeando polo mar, iniciativa para promover productos locales.

    Aumento de solicitudes únicas de la PAC en Galicia supera años anteriores

    Aumento de solicitudes únicas de la PAC en Galicia supera años anteriores

    Román Rodríguez anuncia adxudicación do cambio de cubiertas do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

    Román Rodríguez anuncia adxudicación do cambio de cubiertas do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

    Las ciudades atlánticas reafirman su compromiso con el mar en Gijón

    Las ciudades atlánticas reafirman su compromiso con el mar en Gijón

    El TSXG concede pensión de viudedad a mujer de Lugo casada un día antes de fallecer su marido

    El TSXG concede pensión de viudedad a mujer de Lugo casada un día antes de fallecer su marido