Apertura del plazo para solicitar subvenciones a asociaciones vecinales y actividades sociales en el Concello.

O Concello da Coruña abrirá esta semana o prazo de presentación de solicitudes para as convocatorias de subvencións da Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade, toda vez se publique o extracto no Boletín Oficial da Provincia (BOP) este martes, 3 de xuño.

As entidades interesadas disporán de vinte días hábiles -do 4 de xuño ao 2 de xullo– para rexistraren as súas peticións a través da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

A área de Benestar Social, Participación e Igualdade destina 335.000 €, en réxime de concorrencia competitiva, a iniciativas que se executen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 e que melloren o benestar da veciñanza coruñesa.

A primeira liña, dotada con 125.000 €, está orientada a actividades ou proxectos de interese social no ámbito dos servizos sociais comunitarios: promoción e reinserción, prestación de recursos asistenciais ou programas de apoio á autonomía persoal.

A segunda convocatoria, con 150.000 €, impulsa a igualdade e a diversidade. Reparte 60.000 € para o fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo e 90.000 € para accións de prevención das violencias machistas, atención ás vítimas, defensa dos dereitos LGTBQI e promoción da igualdade de xénero.

A terceira liña diríxese ás asociacións veciñais, con 60.000 € para apoiar o seu funcionamento (25.000 €) e para dinamizar programas, proxectos e actos de participación cidadá (35.000 €).

«Estas axudas fortalecen o tecido asociativo e garanten que proxectos claves cheguen á cidadanía que máis os precisa», salienta a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa: «Animamos todas as entidades a aproveitar esta oportunidade para construír unha Coruña máis inclusiva e diversa». As subvencións enmárcanse dentro das políticas sociais postas en marcha polo Goberno de Inés Rey nos últimos anos.

As bases completas e os modelos de solicitude estão dispoñibles na sede electrónica municipal. Para calquera consulta, o Departamento de Participación Social atenderá as posibles dúbidas sobre o proceso telefonicamente ou presencialmente e garantirá acompañamento durante todo o proceso.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    La comisaría de Policía Nacional de Santiago de Compostela se vio afectada por un incendio que se originó en un sótano de sus instalaciones. Como resultado, se han iniciado tareas…

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    El Concello da Coruña ha organizado el ciclo «Mulleres de Cine» durante el mes de marzo, una iniciativa municipal que se llevará a cabo en el Teatro Colón y que…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    Planificación y presupuesto histórico para conservación de 5.500km de carreteras autonómicas

    La Xunta ultima proyecto para restauración de la laguna de Traba en Laxe

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.