Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, con quen abordou os apoios da Xunta para o desenvolvemento do parque empresarial de Camporrapado.

Neste sentido, Lorenzana lembrou que este ano o Goberno galego concedeu axudas por importe de case 60.000 euros para habilitación e mellora das infraestruturas do polígono coruñés de Camporrapado, en concreto para a mellora das súas infraestruturas viarias.

En total, a orde de axudas convocada neste 2025 pola Administración galega ascendeu a tres millóns de euros e beneficiou a 40 polígonos galegos, 16 deles na provincia da Coruña. Estes apoios contribúen á modernización das instalacións dos parques empresariais e facilitan que as empresas dispoñan dos servizos e infraestruturas que necesitan para levar a cabo a súa actividade. Trátase de ofrecer un mellor servizo para incrementar a competitividade, favorecer a fixación e implantación de compañías e promover o emprego local.

A liña de axudas, que xa está pechada, está dirixida aos concellos galegos que queren realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.

Ademais, segundo explicou a conselleira, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar coa Administración autonómica para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas, na que recibiron unha maior puntuación.

Por outra banda, na reunión tamén se abordaron as necesidades de solo empresarial da zona, e neste sentido, a conselleira aproveitou para trasladarlle o compromiso da Xunta cos concellos e co tecido empresarial galego, toda vez que a estratexia do Executivo autonómico pasa por facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas, e por desenvolver solo industrial nos concellos que teñen necesidade e onde as empresas están esperando para poder asentar as súas industrias.

FUENTE

  • Related Posts

    Besteiro critica a Rueda por externalizar los servicios sociales

    El secretario general del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ha criticado duramente al presidente de la Xunta por considerar los servicios sociales como un problema que se externaliza en lugar…

    La Xunta premia a empresas por buenas prácticas y compromiso con consumidores

    En la tarde de hoy, en Santiago de Compostela, se llevó a cabo la entrega de la 2ª edición de los Premios Benfeito de Consumo, organizados por la Unión de…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Homenaje a Juana de Vega, Luis Huici y Víctor López Seoane por el Día de Todos los Santos.

    Homenaje a Juana de Vega, Luis Huici y Víctor López Seoane por el Día de Todos los Santos.