Arranca instalación de equipamentos na área de ocio infantil e renovação do firme na Silva

O Concello continúa cos traballos de construción da nova área de ocio infantil que se habilitará detrás do centro cívico da Silva, un equipamento que contará cun espazo específico para as crianzas e, ademais, unha pista multideporte.

«Esta mesma semana recibíronse as subministracións da área de xogos infantís, que xa estamos a instalar ao longo destes días», explicou Noemí Díaz. En todo caso, tal e como lembrou a concelleira, «isto non suporá a apertura da área de xogo, xa que os traballos continúan na contorna deste espazo e, ademais, é preciso efectuar as habituais probas de seguridade nestes casos».

Díaz recalcou que, unha vez a área de ocio infantil estea habilitada para o seu uso e goce, o Concello informará con antelación ao respecto.

A renovación do firme na Benela arrincará a semana que vén

En paralelo á construción da área de ocio infantil, o Concello arrincará a semana que vén cos traballos de renovación do firme no núcleo poboacional da Silva, onde se actuará na calzada da rúa Benela -principal punto de acceso á Silva-, e tamén no treito que conecta A Silva de Arriba co lugar de Cances.

Con esta intervención, o Goberno de Inés Rey dá resposta a unha das principales solicitudes da veciñanza do núcleo, mellorando a seguridade viaria e, de paso, adaptando a plataforma da calzada para evitar que as escorrentías discorran polas fachadas das vivendas.

Ademais, tal e como se informou en xaneiro, cando saíron a concurso as obras, está previsto aproveitar os traballos para adaptar as marxes e beirarrúas do núcleo, «unha medida moi necesaria para facer máis accesibles algúns treitos onde o paso das persoas viandantes e dos vehículos está máis condicionado, ben pola configuración urbana da zona ou pola existencia de barreiras arquitectónicas», explicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

Coas melloras previstas no firme da Benela e coa construción da área de ocio infantil, o Concello destina máis de 460.000 euros ao núcleo poboacional da Silva.

FUENTE

  • Related Posts

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    La alcaldesa de Coruña, Inés Rey, acompañada por el concejal de Cultura, Gonzalo Castro, recibió esta mañana en el Palacio Municipal de María Pita a Juan Antonio Cuéllar, recientemente nombrado…

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Una persona ha resultado herida de gravedad tras producirse una colisión múltiple con tres vehículos implicados en la localidad coruñesa de Cambre. En concreto, tal y como ha informado la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    El Concello de A Coruña consolida la musicoterapia en la educación especial

    El Concello de A Coruña consolida la musicoterapia en la educación especial

    Hombre muere en Baiona tras ser rescatado del agua con síntomas de ahogamiento

    Hombre muere en Baiona tras ser rescatado del agua con síntomas de ahogamiento