Avance de la nueva Estrategia Galega de Enfermedades Raras para mejorar tratamientos

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade da Xunta, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor o modelo galego de atención ás enfermidades raras e avanzou que a nova Estratexia do Executivo galego fronte a estas patoloxías suporá un gran salto adiante na accesibilidade aos tratamentos.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego interveu na inauguración da segunda edición do Congreso Nacional de Esclerodermia para pacientes, que organiza a Asociación Española desta enfermidade e que se está a celebrar no salón de actos da Consellería de Sanidade.

Gómez Caamaño avogou por unha atención multidisciplinar e continuada destes pacientes, subliñando a especial sensibilidade de Galicia fronte ás enfermidades raras. Lembrou que Galicia conta cun rexistro de pacientes que axuda a coñecer mellor a realidade das persoas que padecen estas patoloxías e, deste xeito, poder ofrecer servizos máis adaptados ás súas necesidades.

Tal e como indicou o conselleiro, no Rexistro galego de pacientes con enfermidades raras de Galicia figuran máis de 5.300 persoas, entre elas, 45 con casos de esclerodermia, sendo a gran maioría mulleres.

Detrás destas cifras hai persoas que sofren e afrontan unha vida de desafíos por iso o conselleiro avogou por seguir avanzando e apostando pola investigación e o desenvolvemento de novas terapias, unha dirección que Galicia xa asumiu.

Unidades funcionais multidisciplinares

Na súa intervención, o conselleiro puxo en valor as tres unidades funcionais multidisciplinares para atender pacientes con enfermidades raras: na Coruña, en Santiago de Compostela e en Vigo, para unha atención máis coordinada e eficaz dos pacientes que padecen estas patoloxías.

Xunto ao anterior, lembrou que Galicia tamén é referente no eido da investigación grazas aos seus tres institutos. Concretamente, no Instituto Galicia Sur trabállase actualmente nun proxecto innovador que abrirá novas posibilidades terapéuticas a medio prazo fronte á esclerodermia.

Así mesmo, Gómez Caamaño reafirmou o compromiso do Goberno galego coa prevención por medio de programas como o cribado neonatal ou o proxecto CrinGenEs, que buscan ampliar a detección precoz de enfermidades raras, situando Galicia á vangarda neste campo.

Apoio, información e acompañamento

O titular da carteira sanitaria agradeceu ao presidente da Asociación Española de Esclerodermia, Alfonso Sánchez, a organización deste encontro onde afectados, familiares e profesionais poden compartir experiencias.

Lembrou que esta asociación agrupa a persoas moi distintas unidas pola causa común de ofrecer apoio, información e acompañamento a quen o necesita. Puxo como exemplo das actividades realizadas pola asociación a iniciativa Girasoles en Camino, na que moitos dos asistentes ao congreso de hoxe participaron recorrendo xuntos máis de 100 quilómetros do Camiño de Santiago.

A esclerodermia é unha enfermidade autoinmune crónica que provoca a produción excesiva de coláxeno, facendo que a pel e, nalgúns casos, órganos internos, se endurezan e volvan máis ríxidos.

FUENTE

  • Related Posts

    Invitación a descubrir las paisajes celestiales de Horst Thürheimer en Ribeira

    Ribeira (A Coruña), 18 de julio de 2025 El consejero de Cultura, Lingua y Juventud, José López Campos, participó hoy en la inauguración de la muestra Paisajes celestiales y terrenales,…

    Marta Villaverde y Anfaco abordan los desafíos de la industria conservera

    Vigo, 18 de julio de 2025 La consejera del Mar, Marta Villaverde, acompañada del director general de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantuvo este viernes un encuentro institucional…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Taxi en Ferrol: tarifas y aplicaciones para solicitar servicio

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente