Avances en rehabilitación cardíaca en hospitales de la Coruña y Ferrol

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe, no Pleno do Parlamento, que as obras de ampliación dos hospitais da Coruña e de Ferrol prevén espazos específicos para a rehabilitación cardíaca.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, o conselleiro remarcou que os pacientes con cardiopatías das áreas sanitarias da Coruña e de Ferrol teñen asistencia sanitaria de calidade garantida.

Gómez Caamaño sinalou que a acción continua e as melloras constantes que está a poñer en marcha a Xunta nestas áreas para a atención a estes pacientes son notorias. En concreto, a área de Ferrol conta actualmente con 11 cardiólogos e o ano pasado realizándose máis de 10.000 consultas presenciais desta especialidade.

Ademais, no 2023 creouse unha nova unidade de coidados intermedios e no pasado ano iniciouse un programa de detección de sarcopenia e desnutrición en pacientes hospitalizados por insuficiencia cardíaca.

Xunto ao anterior, o Goberno galego puxo en marcha nesta área o proxecto vixía-actúa que inclúe novas ferramentas intelixentes na historia clínica, permitindo identificar de maneira rápida os pacientes que precisan unha intervención para acadar obxectivos de prevención secundaria.

Así mesmo, para os pacientes con insuficiencia cardíaca supuxo unha importante mellora a posta en marcha este ano dunha consulta cardio-renal, que está integrada por un nefrólogo, un cardiólogo e persoal de enfermería con formación específica.

Polo que atinxe á área sanitaria da Coruña, entre os avances no campo da cardioloxía o conselleiro puxo en valor que desde 2018 conta cunha sala de rehabilitación cardíaca pediátrica avanzada, axudando a cativos e adolescentes con cardiopatías conxénitas a mellorar a súa capacidade persoal.

Para adultos dispón a unidade de manexo integral do paciente con insuficiencia cardíaca, que foi galardoada co premio á excelencia operativa na xestión sanitaria.

Tamén na área da Coruña se puxo en marcha o proxecto de dixitalización do proceso de transición á alta en insuficiencia cardíaca que permitiu aumentar o número de pacientes cunha transición axeitada, diminuíndo os tempos nos que se produce a primeira visita logo da alta, e, polo tanto, mellorando a calidade de vida destas persoas.

O hospital universitario coruñés conta tamén cunha unidade de insuficiencia cardíaca avanzada, que permite reducir a taxa de reingreso ata apenas o 5 %.

Para garantir a continuidade asistencial, púxose en marcha a lista de verificación Conecta 72, que posibilita ao persoal de enfermería dos centros de saúde contactar cos pacientes nos tres primeiros días logo da alta do hospital.

Respecto dos tempos de espera nestas dúas áreas para as consultas de cardioloxía, na de Ferrol o tempo medio de espera foi, ao peche do 2024, de 47 días, e na da Coruña de só 23,6. A media de España sitúase en 71 días, o que supón que un ferrolán agarda de media 24 días menos que a media do Estado e un coruñés 48 días menos.

No que atinxe ás intervencións cirúrxicas, o complexo hospitalario coruñés ten a espera máis baixa dos últimos 30 anos para operacións cardíacas. Realiza unha actividade moi intensa, con 1.000 intervencións cardíacas no pasado ano, o que o converte nun dos centros que realiza máis cirurxías cardíacas en toda España. Ademais este centro sanitario é dos que máis transplantes de corazón realizan, 30 no pasado ano, que o sitúa como referencia.

Compromiso da Xunta coa cardioprotección

Na súa intervención no Pazo do Hórreo, o conselleiro remarcou o compromiso da Xunta coa cardioprotección da poboación, que se manifesta a través do reforzo da prevención, da atención especializada, da investigación e nos investimentos para a adquisición de tecnoloxía de vangarda.

Neste sentido incidiu en que os hospitais das sete áreas sanitarias gozan dos mellores recursos para atender as patoloxías do corazón, como o avalan os distintos indicadores.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    El presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, ha hecho declaraciones en respuesta a Alfonso Rueda, titular de la Xunta, acerca del «acuerdo general» sobre el gallego que,…

    Villaverde aboga por una reforma equilibrada de la PPC y un fondo pesquero fuerte para la competitividad del sector.

    Villaverde MarketPlace es un espacio único ubicado en el corazón de la ciudad, donde la diversidad cultural se refleja en cada uno de sus rincones. Con una amplia variedad de…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    La rúa San Andrés estrena banco morado en apoyo a la Fibromialgia

    La rúa San Andrés estrena banco morado en apoyo a la Fibromialgia

    Tres personas heridas en colisión de tres vehículos en Marín (Pontevedra)

    Tres personas heridas en colisión de tres vehículos en Marín (Pontevedra)

    Pintadas vandálicas en barco de Poio que recuerda a Colón generan condena

    Pintadas vandálicas en barco de Poio que recuerda a Colón generan condena

    Villaverde destaca en la XXVIII Fiesta de la Trucha de Oroso las propiedades de este producto y su valor para Galicia.

    Cuatro heridos en colisión entre dos coches y un camión en Curtis (A Coruña)

    Cuatro heridos en colisión entre dos coches y un camión en Curtis (A Coruña)