Cambiarán los sentidos de circulación en las calles Francisco Catoira, Mariana Pineda, Borrallón y San Rosendo para mejorar el tráfico en los Mallos y la Sardiñeira.

O centro cívico dos Mallos acolleu hoxe un encontro informativo no que a alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, deron conta á veciñanza do barrio das principais actuacións de mellora que se están a desenvolver no distrito, ao abeiro da construción da estación intermodal.

No encontro explicáronse as cuestións máis técnicas dos traballos, «que, como é lóxico, debemos precisar ás persoas que residen nos Mallos e a Sardiñeira para solventar calquera pregunta ou dúbida que houbese ao respecto», razoou Rey.

Un dos eixos clave do acto desta tarde foi notificar ás veciñas e veciños a próxima reconfiguración dos sentidos de circulación en catro rúas do barrio: Francisco Catoira, Mariana Pineda, Borrallón e San Rosendo. Neste último caso, en só un treito da mesma.

Despois de que a avenida da Sardiñeira, actualmente en fase de reurbanización, pasase a ser de sentido único cara á rolda de Outeiro -e ante a imposibilidade de xirar desde a rolda cara a propia avenida-, o Concello estudiou posibilidades para garantir novos accesos de entrada ao barrio e, desta forma, gañar conectividade interior e máis permeabilidade do tráfico rodado polos Mallos e a Sardiñeira, facilitando así a circulación das e dos residentes.

Tras avaliar as opcións viables, determinouse que a rúa Francisco Catoira cambiará totalmente de sentido e será unha das novas portas de acceso desde a rolda de Outeiro en sentido de baixada, sumándose así á rúa San Luis, desde a que xa era posible internarse no barrio con vehículos.

Ademais, cambiaranse de sentido as rúas Mariana Pineda e Borrallón, tamén un treito de San Rosendo, para mellorar a conectividade e os fluxos de tráfico.

«Ao converter Sardiñeira en sentido único, rediríxese parte do fluxo a unha rúa paralela, que é Francisco Catoira, que cambia o seu sentido para manter a conectividade. Ademais, aumentamos a conectividade interna ao cambiar de sentido Mariana Pineda e un treito de San Rosendo, ofrecendo a posibilidade dun fluxo xiratorio. E, por outra banda, teremos máis permeabilidade viaria, xa que este cambio facilita o acceso desde rúas externas ao interior do barrio», precisou a concelleira Noemí Díaz.

Non haberá interacción entre persoas viandantes e ciclistas

Outra das cuestións que suscitaron a interese da veciñanza é a disposición do novo carril-bici que discurrirá ao longo da avenida da Sardiñeira. Tal e como se expuxo esta tarde, a súa ubicación -na beira máis próxima aos bloques de vivendas- ten as súas razóns de ser: osixenar os accesos aos bloques residenciais, gañar máis accesibilidade nas beirarrúas, tamén máis visibilidade na saída de vados e garaxes e, de paso, afastar os vehículos das saídas das vivendas

«Un aspecto moi importante é que carril-bici e beirarrúa non compartirán o mesmo espazo, senón que estarán en plataformas diferentes e a distinto nivel. Isto quere dicir que non haberá interacción entre persoas viandantes e ciclistas e persoas usuarias de VMP», explicou a concelleira Noemí Díaz. A futura ordenanza de mobilidade sostible -aprobada por agora inicialmente- xa estipula que as as bicicletas usarán o carril bici. Senón, irán pola calzada. O que non poderán facer é circular por beirarrúas e vías peonís, por seguridade peonil.

Ademais, hoxe tamén se precisou por que o estacionamento de vehículos na avenida da Sardiñeira se delimitará na beira máis próxima á intermodal.

«Gáñanse máis prazas en batería en comparación coa beira próxima ás vivendas. E, ademais, é importante insistir en que queremos gañar seguridade viaria na beira residencial. Se o estacionamento se ubica na beira da intermodal, os vehículos que saen do interior do barrio gañan máis visibilidad e seguridade», razoou Noemí Díaz.

Non se perderá estacionamento entre a escola infantil e o pavillón

Noutra orde de asuntos, na reunión tamén se recalcou que a construción do novo vial de conexión entre a Sardiñeira e a avenida de Arteixo, que se está a executar na Agra dos Mallos, non suporá a perda do estacionamento na explanada que hai entre a escola infantil e pavillón polideportivo.

Os traballos, que contan cun investimento de 2,1 millóns de euros, permitirán gañar unha conexión necesaria no barrio, que non existía ata agora. «Unha conexión que facilitará a segregación do tráfico específico que vai en dirección á intermodal. Ademais, permitirá adecentar este enclave e gañar espazos públicos: beirarrúas que, en parte, xa son visibles, un novo treito de carril-bici e un novo acceso, que tampouco existía ata agora, á explanada de estacionamento», detallou Noemí Díaz.

As prazas de estacionamento entre a escola infantil e o pavillón polideportivo seguirán estando habilitadas. E haberá prazas ao longo do novo vial, en batería.

«É unha solución equilibrada: dá resposta ás necesidades de novas conexións coa intermodal e coa avenida de Arteixo nunha das principais portas de acesso á cidade», concretou a alcaldesa, Inés Rey.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La Orquesta Sinfónica de Galicia graba la canción oficial del Mundial 2026: ‘Somos Más’

    La Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) ha tenido el honor de participar en la grabación de ‘Somos Más’, la canción oficial del Mundial 2026. Este proyecto internacional une a América…

    El túnel del Hórreo en Santiago podría cerrar esta noche por falta de policías.

    El túnel del Hórreo, que conecta con Santiago por la SC-20, volverá a cerrarse esta noche debido a la falta de efectivos en el turno de noche para garantizar la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Accidente múltiple en Santiago deja parque de bomberos vacío por hora y cuarto.

    Accidente múltiple en Santiago deja parque de bomberos vacío por hora y cuarto.

    Muere un hombre y otro en estado crítico por inhalación de humo en incendio en A Coruña.

    Muere un hombre y otro en estado crítico por inhalación de humo en incendio en A Coruña.

    Conmemoración del Día Internacional contra la Violencia de Género en Riazor con la lectura del manifiesto.

    Conmemoración del Día Internacional contra la Violencia de Género en Riazor con la lectura del manifiesto.