Colaboración entre Xunta e Universidade de Vigo para controlar o pole no aire

Vigo, 16 de abril de 2025

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo colaboran no control do pole do aire para manter informada á poboación e anticipar a resposta sanitaria. A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as institucións.

A sinatura do convenio contou, así mesmo, coa presenza da delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Tal e como incidiu o conselleiro, esta colaboración entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Sanidade, iniciada en 2016, refórzase ata decembro de 2028 por medio dun investimento de 174.000 euros, como recolle o convenio agora asinado.

Gómez Caamaño puxo en valor a cooperación entre o seu departamento e a Universidade de Vigo a través da Rede Galega de Aerobioloxía, ferramenta estratéxica para a vixilancia da saúde ambiental. 

Grazas a esta rede, Galicia dispón de medios para avaliar con precisión a situación do aire e xestionar mellor os riscos asociados, facilitando, deste xeito, a tarefa de protexer a saúde da cidadanía.

Tamén referiu o conselleiro que, en virtude desta colaboración, a Universidade de Vigo será a encargada de recoller, trasladar e analizar semanalmente as mostras das catro estacións activas que están en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Ao tratarse das poboacións que teñen un maior contido alerxénico, posibilítase tomar mostras cuxos datos son extrapolables a outros territorios.

Seguimento continuo

O obxectivo desta colaboración é identificar e cuantificar os principais tipos de pole con capacidade alergóxena facendo posible un seguimento continuo da súa evolución ao longo do ano. Eses datos recollidos son remitidos á Dirección Xeral de Saúde Pública, que os valora en termos de saúde, ofrecendo información de utilidade para profesionais e poboación a través da páxina web da Consellería de Sanidade.

Gómez Caamaño puxo en valor que esta colaboración cobra máis relevancia como consecuencia do cambio climático, para manter informada ás persoas sobre os factores que afectan ao seu benestar diario, así como para avanzar no estudo da evolución da presenza de pole na atmosfera, factor determinante da saúde ambiental.

Para concluír a súa intervención, o conselleiro de Sanidade agradeceu á Universidade de Vigo a súa colaboración á hora de unirse ao obxectivo de velar pola saúde da cidadanía galega desde o estudo e o coñecemento.

FUENTE

  • Related Posts

    La Xunta ampliará la atención a jóvenes con autismo hasta los 21 años

    El Conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, ha anunciado que la Xunta de Galicia reforzará el cuidado de niños y adolescentes con trastorno autista, ampliando la atención hasta los 21…

    López Campos elogia el éxito del Hematofesti en la programación cultural familiar.

    El conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participó hoy en una de las actividades del festival de humor y literatura infantil Hematofesti en Vigo. En esta segunda…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    López Campos promueve la tradición alfombrista en homenaje a Maruja Mallo

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña