Destacan potencial de crecimiento de Casa Grande de Xanceda en proyecto autonómico.

Mesía (A Coruña), 1 de xullo de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe as instalacións de Casa Grande de Xanceda, onde destacou o seu potencial de crecemento ao abeiro do Proxecto de Interese Autonómico que se declarou no ano 2023 para a súa ampliación e modernización, e que en breve se prevé finalizar a súa tramitación.

Esta ampliación, segundo explicou a conselleira, ten como fin habilitar terreos para instalacións complementarias á actividade gandeira actual -fábrica de produtos lácteos e planta de biogás para tratamento de xurros-, así como outras superficies para dar soporte ás súas actividades turísticas, culturais e de formación. A través do proxecto declarado de interese autonómico prevese incrementar en 9.701 m2 os 4.930 m2 cos que xa contan estas instalacións.

En concreto, o proxecto conta con espazos que se destinarán a usos varios, como o sistema de produción de enerxías renovables de autoconsumo vinculado coa filosofía de economía circular da propia empresa, a ampliación da fábrica de iogures e a construción de novas oficinas, o que permitiría o redeseño das utilidades da casa agraria do século XVII existente. A maiores, estas novas edificacións albergarán unha sala multiusos para actividades turísticas e de formación, así como unha aula natura.

Transformación do leite en Galicia

Na visita ás instalacións desta empresa, na que estivo acompañada polo director xeral da Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, a conselleira tamén destacou que Casa Grande de Xanceda produce en Galicia e transforma en Galicia, elaborando produtos cun alto valor engadido.

Neste sentido, puxo en valor a aposta polos derivados lácteos desta empresa, que -salientou- contribúe de xeito decisivo a acadar o obxectivo de transformar en Galicia a maior parte do leite que se produce na comunidade.

Isto, sinalou Gómez, favorece que máis do 70 % da produción láctea galega se transforme xa na nosa comunidade, que se consolida ademais como o territorio líder nacional neste eido, cun 42 % da produción española. A conselleira lembrou que, polo tanto, xa está moi preto de acadarse o obxectivo marcado na Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego para finais deste 2025 no eido da transformación, que se sitúa no 75 % do total.

Ademais, Gómez subliñou que Casa Grande de Xanceda é un dos principais referentes do sector agroalimentario ecolóxico en Galicia e “exemplo claro” de innovación, sustentabilidade e compromiso co rural. Salientou, así mesmo, a aposta desta granxa familiar por un modelo produtivo sustentable, centrado no benestar animal, o respecto ao medio ambiente e a xeración dun emprego desde e para o rural.

Creación de emprego e actividade agropecuaria ecolóxica

A conselleira remarcou tamén que hoxe en día a empresa dá emprego a máis de medio cento de persoas, das que máis do 60 % son mulleres, e que xestiona arredor de 200 hectáreas con actividade agropecuaria ecolóxica. Engadiu que, con máis de 1,4 millóns de litros de leite certificado no último ano, constitúe un dos maiores produtores lácteos ecolóxicos de España e o máis relevante de Galicia.

Nesta liña, Gómez puxo de relevo que Casa Grande de Xanceda “non é só un referente agroalimentario”, xa que constitúe tamén un “actor clave” na dinamización cultural e turística do rural. Así, a conselleira apuntou que, desde 2010, máis de 100.000 persoas visitaron esta granxa a través de eco-visitas e actividades pedagóxicas e de formación para escolares, profesionais e visitantes de todas as idades.

Por todas estas razóns, Gómez comprometeuse a seguir apoiando desde a Xunta proxectos como os que representa esta empresa, que veñen garantir un rural “dinámico, innovador e con futuro”.

FUENTE

  • Related Posts

    Invitación a descubrir las paisajes celestiales de Horst Thürheimer en Ribeira

    Ribeira (A Coruña), 18 de julio de 2025 El consejero de Cultura, Lingua y Juventud, José López Campos, participó hoy en la inauguración de la muestra Paisajes celestiales y terrenales,…

    Marta Villaverde y Anfaco abordan los desafíos de la industria conservera

    Vigo, 18 de julio de 2025 La consejera del Mar, Marta Villaverde, acompañada del director general de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantuvo este viernes un encuentro institucional…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Taxi en Ferrol: tarifas y aplicaciones para solicitar servicio

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente