El curso en línea de especialista en vinos de Galicia de la Xunta registra 725 inscritos en 20 días

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2025

O primeiro curso en liña de especialista en viños de Galicia, promovido pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, rexistrou un total de 725 alumnos inscritos en apenas 20 días desde o seu lanzamento. Deles, 346 son galegos e o resto repártense entre diferentes comunidades autónomas españolas, sobre todo de Madrid, Cataluña, Castela e León e Andalucía, e mesmo hai unha persoa inscrita do veciño Portugal.

Estas cifras dan idea do éxito acadado por esta iniciativa impulsada pola Xunta e que constitúe un innovador programa de formación en liña destinado á promoción e o coñecemento dos viños da nosa comunidade autónoma. A boa acollida desta acción formativa foi avaliada positivamente pola propia conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha recente reunión de traballo con Jorge Vila, director de Galicia Wine Academy, na que tamén participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Para profesionais e afeccionados

Este curso vai dirixido tanto a profesionais do sector vitivinícola como a afeccionados, e procura acercar a riqueza e diversidade dos viños amparados pola calidade diferenciada que outorgan as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas recoñecidas en Galicia.

Por medio dunha plataforma dixital accesible na ligazón enlace os participantes poderán afondar en aspectos como as variedades autóctonas, solos, clima, historia, técnicas de elaboración tradicionais e modernas, así como as tendencias de mercado.

A plataforma foi creada por Galicia Wine Academy, escola referente en formación en cultura do viño en Galicia e centro autorizado para impartir cualificacións internacionais como WSET® (polas súas en inglés, a Wine & Spirit Education Trust é o maior provedor mundial de cualificacións formativas en viños) dende o ano 2018. Na súa posta en marcha tivo un papel protagonista Jorge Vila, fundador e director de Galicia Wine Academy.

A plataforma en liña ofrece dous cursos: un de carácter gratuíto de Introdución aos Viños de Galicia; e un programa de Especialista en Viños de Galicia, moito mais completo e dirixido a profesionais e amantes do viño.

Clases en vídeo e material dixital

Na formación inclúense clases en vídeo gravadas nas principais zonas vitivinícolas de Galicia e coa participación dalgúns dos mais recoñecidos expertos; material dixital complementario con entrevistas e reportaxes exclusivos; adestramento en técnicas de cata profesional e un enfoque práctico e accesible, tanto para afeccionados como para profesionais. Ademais, proximamente estará dispoñible tamén a versión en inglés de ambos cursos, para facilitar así o acceso ao maior número posible de interesados.

Galicia Wine Academy formou dende 2017 máis de 2.000 estudantes na nosa comunidade e noutros puntos de España, combinando formacións propias e certificacións internacionais WSET. A través deste novo campus en liña, reforza a súa vocación por achegar a cultura do viño galego a todo o mundo, nun momento en que o e-learning crece un 7% anual en Europa e a demanda de especialización en viños de diferentes territorios é cada vez maior no ámbito profesional.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La nueva escuela infantil de Mos será un referente en la comarca y provincia.

    La conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitó hoy la nueva escuela infantil de Mos, la cual se ha convertido en un referente tanto en la comarca como…

    María Jesús Lorenzana defiende repotenciación obligatoria frente a subvencionar para ejecutar fondos europeos.

    La consellera de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ha defendido hoy la repotenciación obligatoria de parques eólicos frente al plan del Gobierno central de subvencionarla como parte de los…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    La CIG denuncia imposición de marco laboral por Xunta y Gobierno

    La CIG denuncia imposición de marco laboral por Xunta y Gobierno

    El PPdeG bloquea investigación sobre Altri y la oposición pregunta: «¿Qué están escondiendo?»

    El PPdeG bloquea investigación sobre Altri y la oposición pregunta: «¿Qué están escondiendo?»

    Camión que transportaba leche vuelca en Vilalba, Lugo. Se movilizan servicios de emergencia.

    Camión que transportaba leche vuelca en Vilalba, Lugo. Se movilizan servicios de emergencia.

    Marcha en A Coruña por la igualdad de género el 8M

    Marcha en A Coruña por la igualdad de género el 8M

    Declaración institucional de la Xunta de Galicia en el Día Internacional de las Mujeres, 8 de marzo de 2026

    La Xunta suma más de 3700 participantes en Parlamento Xove

    La Xunta suma más de 3700 participantes en Parlamento Xove