El Día de la Bicicleta vuelve a la Coruña tras 15 años sin celebrarse

O Concello da Coruña recupera, despois de tres lustros, o Día da Bicicleta, unha iniciativa que organiza xunto a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) con obxectivo de promover o uso de este medio de transporte entre a cidadanía e inculcar nas persoas participantes nocións sobre seguridade viaria. Ademais, tamén se busca con esta iniciativa asociar a imaxe da cidade como destino turístico sostible.

«Desde o Goberno de Inés Rey quixemos dar un novo impulso ás nosas políticas de mobilidade sostible recuperando unha actividade que é clave para que tanto nenos como maiores utilicen cada vez máis un medio de transporte sostible e que garante hábitos de vida saudables», sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Desde o 16 ao 22 deste mes, desenvolverase na cidade esta iniciativa municipal, que ten como actividades máis destacadas unha exposición sobre a historia do ciclismo coruñés (prolongarase ata o día 29) no paseo do Parrote, con fotografías desde finais do século XIX, e a recuperación do Día da Bicicleta, despois de tres lustros.

Este último evento terá lugar o domingo 22, a participación será de carácter gratuíto baixo obrigatoria inscrición e terá como punto de saída e chegada o paseo do Parrote a partir das 10.30 horas. As persoas participantes realizarán un percorrido de 12 quilómetros a través do paseo marítimo, un dos espazos máis icónicos e atractivos da cidade. Pasarán por diante da Torre de Hércules e circularán ata a contorna da cidade deportiva de Riazor.

As inscricións abríronse o pasado venres 30 de maio e xa hai máis de 200 persoas que confirmaron a súa participación. As primeiras 600 inscricións terán un agasallo. Os e as visitantes que se acheguen ata A Coruña o 22 e queiran participar na xornada familiar e sostible que supón o Día da Bicicleta poderán utilizar, de forma gratuíta, bicicleta do servizo municipal de BiciCoruña e, ademais, recibirán unha mochila cunha serie de agasallos.

O período de inscrición pecharase o venres 20 de xuño ás 14.00 horas. A recollida de credenciais e mochilas para as persoas inscritas levarase a cabo no Centro Comercial Cuatro Caminos o venres 20 de xuño, de 17.00 a 20.00 horas, e o sábado 21 de xuño, de 10.00 a 20.00 horas.

Por outra banda, o luns 16 celebrarase no auditorio do Centro Sociocultural Ágora unha charla sobre educación viaria e uso da bicicleta e do resto de VMP nas cidades. Esta actividade estará dirixida a centros educativos e comezará ás 11.00 horas.

O Día da Bicicleta ten carácter solidario e permitirá a recollida de bicicletas, que serán restauradas e, posteriormente, entregadas a familias en situación de vulnerabilidade, xunto con material deportivo, fomentando así a inclusión e o acceso ao deporte de todas as persoas.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da seguinte ligazón.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    La comisaría de Policía Nacional de Santiago de Compostela se vio afectada por un incendio que se originó en un sótano de sus instalaciones. Como resultado, se han iniciado tareas…

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    El Concello da Coruña ha organizado el ciclo «Mulleres de Cine» durante el mes de marzo, una iniciativa municipal que se llevará a cabo en el Teatro Colón y que…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    Planificación y presupuesto histórico para conservación de 5.500km de carreteras autonómicas

    La Xunta ultima proyecto para restauración de la laguna de Traba en Laxe

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.