El Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela capta 50 M€ para nuevos proyectos en 2024

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a sólida traxectoria e os resultados tan destacados conseguidos no pasado ano polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que conseguiu captar nun único exercicio preto de 50 millóns de euros para novos proxectos.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, interveu no acto de presentación da memoria do IDIS correspondente a 2024. A memoria foi presentada pola directora científica do IDIS, Luz Couce Pico.

Para o conselleiro, o acto hoxe celebrado no Hospital Clínico de Santiago de Compostela simboliza a aposta que Galicia está a facer pola investigación sanitaria, remarcando que os resultados que hoxe se coñeceron son un éxito compartido no que tamén xoga un papel fundamental a cooperación entre diversas institucións.

Gómez Caamaño subliñou que o IDIS está xa consolidado como referente a nivel internacional grazas ao esforzo constante dun equipo altamente comprometido coa excelencia, capaz de captar fondos, de conseguir apoios e de impulsar proxectos, ademais de sumar profesionais altamente cualificados para transformar o coñecemento en avances reais.

Produción científica

Tal e como remarcou o conselleiro, os 50 millóns de euros captados polo IDIS para actividades de investigación sanitaria son unha cifra extraordinaria, da que a maior parte procede de convocatorias altamente competitivas, tanto nacionais como internacionais, o que confirma un modelo que compite, convence e lidera.

O titular da carteira sanitaria puxo en valor que en proxectos científicos o IDIS conseguiu reunir preto de 24 millóns de euros, sobresaíndo tamén na captación de talento, con 95 axudas por valor de máis de 10 millóns de euros en recursos humanos, que permiten seguir a consolidar equipos e dar continuidade á investigación.

Respecto da produción científica, a calidade do traballo do IDIS queda demostrada nos máis de 1.000 artigos publicados cun alto grao de impacto e visibilidade. Un 25 % das publicacións foron en colaboración cos propios grupos do IDIS e case a metade en colaboración internacional, o que proba que é un centro aberto ao mundo e enraizado na súa contorna.

Tamén destaca o IDIS no ámbito da innovación, con decenas de patentes solicitadas e novas concesións, con 13 spinf-offs activas e con proxectos que xa están a mellorar o sistema sanitario e a vida das persoas.

Motor de futuro para Galicia e integración dos tres institutos

Na súa intervención no acto, o conselleiro remarcou que os datos hoxe presentados pola directora científica do IDIS, Luz Couce, confirman que este organismo é moito máis que un centro de investigación, é un motor de futuro para Galicia, construído por persoas que cren no poder da ciencia para transformar a sanidade.

Gómez Caamaño afondou, así mesmo, que o pasado ano foi tamén de cambio estrutural clave para a investigación sanitaria galega, ao facerse efectiva a integración dos tres institutos de investigación no sistema público autonómico.

Esta integración veu precedida de medidas fundamentais como a homologación das condicións laborais ou a reacreditación por parte do Instituto de Saúde Carlos III, recoñecendo a excelencia e a capacidade científica.

Para rematar a súa intervención, o conselleiro agradeceu aos máis de 1.400 profesionais vinculados ao IDIS o seu traballo para que o prestixio deste instituto siga a medrar e cruzar fronteiras.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La Conselleira del Mar reafirma apoyo a comercializadores de anguía

    La conselleira del Mar, Marta Villaverde, se reunió hoy con representantes de la Asociación Profesional de la Pesca y Comercialización de la Anguila (Aproang) para abordar la propuesta del Ministerio…

    Importancia de la I+D para avanzar en reutilización de residuos y economía circular

    A Coruña, 11 de febrero de 2026. La conselleira de Medio Ambiente y Cambio Climático, Ángeles Vázquez, resaltó hoy la importancia de la investigación y desarrollo para avanzar en la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    La Xunta ultima proyecto para restauración de la laguna de Traba en Laxe

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.

    Encuentran cuerpo sin vida en embalse de Ventosela en Ribadavia.

    Encuentran cuerpo sin vida en embalse de Ventosela en Ribadavia.

    Persona trasladada por intoxicación tras incendio en A Coruña.

    Persona trasladada por intoxicación tras incendio en A Coruña.

    Destacan el papel de `O Gran Camiño´ como escaparate internacional para proyectar la marca Galicia Calidade a través del ciclismo.

    Fabiola García anuncia que los nuevos CIMs móviles llegarán al rural y campus desde el lunes.