El papel clave de los ingenieros informáticos en Galicia para mejorar la calidad de vida y la economía competitiva

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe o papel esencial dos enxeñeiros informáticos nunha Galicia que aposta pola mellora da calidade de vida das persoas e a súa seguridade e por unha economía que xere riqueza e gañe competitividade.

Durante a súa intervención na XVII edición da gala Noite da Enxeñería en Informática de Galicia, Corgos incidiu na importancia do traballo conxunto para acadar unha Administración autonómica dixital máis eficaz, máis personalizada, máis segura e máis accesible, con iniciativas como a aplicación para móbiles XuntaEU, a nova carpeta cidadá ou a modernización da sede electrónica.

A modo de exemplo, resaltou a aposta do Goberno galego pola universalización e actualización permanente dos servizos públicos dixitais como a Xustiza, a Educación ou o transporte; pola xestión intelixente dun territorio conectado e monitorizado, con dispositivos de internet das cousas; pola capacitación dixital da cidadanía, coa nova Certificación Galega en Competencias Dixitais; ou pola dixitalización dos sectores primarios, con proxectos como as lonxas dixitais ou a Plataforma Agroforestal de Galicia.

Nesta liña, asegurou que os premios entregados nesta gala son un “bo índice” do compromiso de Galicia cun desenvolvemento tecnolóxico que conxuga os avances a medida que se van producindo, coas necesidades específicas do noso territorio e da nosa poboación.

Os premiados

O conselleiro de Facenda foi o encargado de entregar o Premio de Innovación Tecnolóxica no Ensino ao Colexio Manuel Peleteiro de Santiago. Pola súa banda, a Consellería de Sanidade foi galardoada pola súa certificación no alto nivel do Esquema Nacional de Seguridade, converténdose na primeira entidade nacional en obter esta autenticación para todos os seus servizos e en todos os centros sanitarios de Galicia.

Neste senso, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, sinalou que os servizos tecnolóxicos do Servizo Galego de Saúde constitúen un punto diferencial “cunha historia clínica electrónica única e que está consolidada desde hai moitos anos no sistema sanitario galego, ademais de liderar importantes proxectos innovadores que se exportan a outros servizos de saúde, como a plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA ou o expediente electrónico de persoal FIDES”.

No acto estivo tamén presente a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, xa que o Premio Colaboración Interadministrativa foi para o programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Así mesmo, a directora da Axencia Galega de innovación, Carmen Cotelo recolleu o Premio Impulso Dixital de Galicia polo proxecto QUORUM, pertencente á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Tamén recibiron galardóns Galnix, o Premio Iniciativa Emprendedora, Luis de Salvador, o Premio Traxectoria Profesional e o Premio Especial en memoria de Hernán Vila foi para a Olimpíada Informática Española. En materia de intelixencia artificial, a Accenture recolleu o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e o proxecto Nourocloud polo Premio e-Inclusión. E, no eido da mobilidade intelixente, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia foi galardoado co Premio Iniciativa Empresarial, e Josefina Alonso recibiu o Premio Ada Byron.

O Premio para o Colexiado de Honra foi para Juan Casares Long, e Santiago Noriega, recibiu o Premio Traballo Fin de Máster; para Unisys foi o Premio XVII Aniversario do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública concluíu trasladando o recoñecemento ao traballo deste colectivo e expresando o seu convencemento de que “entre todos, xuntos da man, levaremos a cabo con éxito a maior transformación da nosa sociedade, coa construción da Galicia de Calidade, do presente e do futuro”.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Rueda y Besteiro felicitan a Oliver Laxe por nominación de Sirât en Globos de Oro

    El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y el secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, han expresado su alegría por la nominación de la película «Sirât», dirigida por…

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    La Xunta de Galicia ha activado la alerta naranja por temporal costero en las provincias de A Coruña y Pontevedra, con la posterior incorporación de Lugo al final del día.…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)