El próximo Plan de salud mental priorizará el bienestar emocional de la población infanto-juvenil

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe que o próximo Plan de saúde mental priorizará a atención ao benestar emocional da poboación infanto-xuvenil.

Así o asegurou no transcurso da inauguración, en Santiago de Compostela, do segundo ciclo Saúde Mental en Galicia, organizado pola Xunta en colaboración coa Fundación Araguaney.

Na súa intervención, o titular de Sanidade da Xunta resaltou o esforzo do Goberno galego na mellora da saúde mental, dándolle máis peso no organigrama administrativo, ao crear a Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, ao incrementar o número de profesionais e aumentar a oferta de formación de especialistas.

De feito, na actualidade Galicia conta co dobre de psiquiatras, psicólogos clínicos e enfermeiros especialistas contratados que en 2009. Ademais, na recente convocatoria de formación sanitaria especializada ofértanse 58 novas prazas formativas relacionadas coa saúde mental entre psiquiatría, psiquiatría infantil, psicoloxía clínica e enfermería especializada.

Gómez Caamaño destacou, ademais, que Galicia foi pioneira na posta en marcha do proxecto YAM, unha iniciativa promovida pola Xunta para incidir no coidado da saúde mental da mocidade e previr a conduta suicida que neste curso chegou a case 5.000 estudantes de 79 centros educativos de secundaria.

Ciclo de saúde mental

Organizado pola Consellería de Sanidade en colaboración coa Fundación Araguaney, na xornada de hoxe abordouse a relación existente entre as redes sociais, a mocidade e a súa saúde mental, unha temática de gran actualidade que precisa dunha reflexión polo miúdo para poder acompañar aos mozos e mozas galegas no seu uso responsable, consciente e equilibrado.

O titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que os datos que derivan do binomio mocidade-redes sociais son preocupantes pois, o 74 % das rapazas menores de 21 anos afirman sentirse afectadas pola presión estética nas redes; preto do 45 % do alumnado recoñece perder tempo de estudo polas redes sociais, e un de cada cinco mozos e mozas cre que estas plataformas causan máis prexuízos ca beneficios.

Este ciclo busca, precisamente, abrir un espazo de reflexión crítica onde escoitar, comprender e actuar de forma informada.

O conselleiro rematou a súa intervención agradecendo á Fundación Araguaney a súa colaboración e a todos os participantes na xornada o acompañar na tarefa colectiva de avanzar no benestar emocional da nosa sociedade.

FUENTE

  • Related Posts

    La Xunta ampliará la atención a jóvenes con autismo hasta los 21 años

    El Conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, ha anunciado que la Xunta de Galicia reforzará el cuidado de niños y adolescentes con trastorno autista, ampliando la atención hasta los 21…

    López Campos elogia el éxito del Hematofesti en la programación cultural familiar.

    El conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participó hoy en una de las actividades del festival de humor y literatura infantil Hematofesti en Vigo. En esta segunda…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    López Campos promueve la tradición alfombrista en homenaje a Maruja Mallo

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña