Fabiola García anuncia que o Espazo de igualdade e os Puntos lila e arco iris percorrerán os festivais de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta tarde o Espazo de igualdade e os Punto lila e arco iris que estarán instalados durante toda a duración do festival O Son do Camiño. Este espazo de sensibilización e de atención e asesoramento continuado ante calquera tipo de violencia de xénero ou LGBTifóbica percorrerá ao longo do verán os oito principais festivais galegos, grazas á colaboración de Turismo de Galicia, co obxectivo de superar os datos de 2024, un ano no que se prestou atención a 15.000 persoas nos eventos musicais.

Tras O Son do Camiño, este espazo habilitárase no Resurrection  Fest (novidade deste ano), en PortAmérica, no Festival de Ortigueira, no Atlantic Fest, no Morriña Fest, no Río Verbena e rematará o seu percorrido no Caudal Fest. No evento que se celebra estes días en Santiago de Compostela, o Espazo de igualdade estará aberto de 16:00 a 22:00, as horas de maior interacción do público, mentres que o Punto lila e arco iris estará dispoñible durante todo o festival.

Este Espazo de igualdade e punto lila e arco iris está composto por dúas zonas diferentes pero integradas: o de igualdade, un lugar pensado para a aprendizaxe e sensibilización; e o punto lila e arco iris, para a atención continuada durante todo o festival a posibles vítimas e agresións sexuais ou calquera tipo de violencia machista ou LGBTIfóbica. Ademais, este punto de atención conta cun espazo privado para poder facer un acompañamento, de ser necesario, con total confidencialidade. Ambos espazos estarán atendidos por un equipo multidisciplinar de profesionais especializadas, entre as que se inclúen psicólogas, sexólogas, traballadoras sociais, educadoras sociais ou axentes de igualdade con formación específica en igualdade de xénero, trata e prevención da violencia de xénero e LGBTIfobia.

Novidades deste 2025

Este ano, en coordinación coa Consellería de Sanidade e os centros Quérote+, o Espazo de Igualdade será tamén un lugar de información e prevención das ITS (Infeccións de Transmisión Sexual). Segundo os datos epidemiolóxicos publicados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, o incremento das ITS non para de medrar. Trátase por tanto dunha cuestión de especial relevancia, na que é fundamental concienciar á poboación sobre o coidado da saúde sexual, porque cando unha persoa coida a súa saúde sexual, tamén está coidado a saúde sexual das demais persoas. No Espazo de Igualdade as persoas asistentes ao festival poderán participar nunha dinámica na que poñer a proba os seus coñecementos sobre as ITS.

Do mesmo xeito, a Xunta porá a disposición dos festivais a App Ocio, unha ferramenta que afronta a resposta temperá ante calquera situación de agresión sexual, violencia de xénero ou lgbtifóbica. Esta aplicación, que foi probada o pasado ano no festival PorAmérica, permitirá total coordinación e resposta a recolección de datos claves a promotores, servizos de seguridade, sanitarios e corpos e forzas de seguridade do Estado para o seguimento completo dunha posible agresión. Este é un ambicioso obxectivo que se conseguiu implementar despois dunha formación co persoal implicado, e que garante a trazabilidade dos datos, evita a revitimización e é garantía de confidencialidade.

Ademais de consolidar o lema Neste festi tamén actúas ti, referíndose a que para rematar con todo tipo de violencias machista e LGBTIfóbicas hai tamén que actuar, este 2025 se engade o lema Segue a onda da igualdade, tendo en conta que este é o segundo ano que se pon en marcha esta acción e que o obxectivo é que a cidadanía siga sempre a onda da igualdade para seguir construíndo sociedades máis xustas e igualitarias.

Un espazo seguro integral

Co traballo impulsado en 2024 constatouse que o Espazo de Igualdade e punto lila e arco iris da Xunta, ademais de cumprir co obxectivo de sensibilizar, concienciar e atender a posibles casos de violencia, converteuse nun espazo seguro integral no que as persoas se sentiron acompañadas, seguras e atendidas.

Accións coma estas serven para estar preto da mocidade, para escoitala, para coñecer as súas inquedanzas e tamén ofrecen información para implementar máis medidas coas que  dar pasos cara a igualdade real entre mulleres e homes, algo que non será posible sen a erradicación da violencia de xénero e das violencias LGBTIfóbicas.

FUENTE

  • Related Posts

    La Xunta ampliará la atención a jóvenes con autismo hasta los 21 años

    El Conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, ha anunciado que la Xunta de Galicia reforzará el cuidado de niños y adolescentes con trastorno autista, ampliando la atención hasta los 21…

    López Campos elogia el éxito del Hematofesti en la programación cultural familiar.

    El conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participó hoy en una de las actividades del festival de humor y literatura infantil Hematofesti en Vigo. En esta segunda…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    López Campos promueve la tradición alfombrista en homenaje a Maruja Mallo

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña