
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Outes, Francisco Calo, para avaliar os recursos de atención a maiores e persoas dependentes deste concello coruñés. Neste encontro, acordaron fixar novas vías de colaboración para seguir mellorando os servizos sociais e a calidade de vida dos veciños.
Fabiola García fixo fincapé na importancia de impulsar novos programas de envellecemento activo e saudable para as persoas maiores, especialmente nos concellos máis despoboados. Deste xeito, sinalou o importante labor que desenvolve o centro de día público autonómico situado no concello de Outes e que da servizo a unha trintena de usuarios.
Así mesmo, lembrou que a Xunta de Galicia tamén destina 435.000 euros para financiar o Bono Coidado no Fogar aos 87 usuarios deste concello. Trátase dunha achega anual directa de 5.000 euros para as persoas dependentes que queren ser coidadas nos seus domicilios por unha persoas das súa contorna.
Neste sentido, a conselleira de Política Social e Igualdade indicou que a Xunta de Galicia mantén unha estreita colaboración coas Administracións locais para seguir reforzando os recursos de atención a maiores e impulsando programas específicos que melloren o seu día a día.