Fabiola García elogia ao Grupo Social Once pola súa labor en Galicia

A Coruña, 5 de xuño de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor o compromiso e esforzo de entidades como o Grupo Social Once, que, segundo destacou, “teñen contribuído de xeito significativo ao avance social de Galicia”. Así o asegurou na gala dos Premios Solidarios que esta entidade organiza cada ano na cidade da Coruña e que suma xa a súa décimo sétima edición.

Na súa intervención, a conselleira felicitou ao Grupo Social Once por ser “un auténtico referente en inclusión e economía social” e por ser “exemplo de innovación, accesibilidade e desenvolvemento sostible”. Ademais, agradeceu a súa colaboración coa Xunta ao longo destes anos “na construción dunha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.

A conselleira tamén puxo en valor que Galicia “é terra solidaria” e puxo como exemplo ás persoas, empresas e entidades premiadas nesta edición, que “entenden e practican a solidariedade como forma de vida”.

Entre as empresas e entidades elixidas para recoller estes Premios Solidarios do Grupo Social Once atópase o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Xunta de Galicia e que foi recoñecido pola súa aposta pola accesibilidade, na que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade. Tamén foron recoñecidas pola súa labor a empresa Arroupa-Moda Re, impulsada por Cáritas; a entidade Proxecto Home e o xornal La Voz de Galicia. Na categoría de galardóns a persoas físicas, foron premiados Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye, os dous mozos que trataron de salvar a vida de Samuel Luiz en 2021.

FUENTE

  • Related Posts

    Besteiro critica a Rueda por externalizar los servicios sociales

    El secretario general del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ha criticado duramente al presidente de la Xunta por considerar los servicios sociales como un problema que se externaliza en lugar…

    La Xunta premia a empresas por buenas prácticas y compromiso con consumidores

    En la tarde de hoy, en Santiago de Compostela, se llevó a cabo la entrega de la 2ª edición de los Premios Benfeito de Consumo, organizados por la Unión de…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Homenaje a Juana de Vega, Luis Huici y Víctor López Seoane por el Día de Todos los Santos.

    Homenaje a Juana de Vega, Luis Huici y Víctor López Seoane por el Día de Todos los Santos.