La Xunta creará una academia virtual para apoyar a los autónomos y potenciar su actividad con enfoque en sus necesidades.

O Carballiño (Ourense), 15 de maio de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou esta tarde no Carballiño a xornada divulgativa para autónomos e comerciantes organizada por APE Galicia, na que tamén participaron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e representantes do tecido autónomo e comercial da provincia de Ourense. Alí, o titular de emprego anunciou que a Xunta traballa na creación da futura Academia virtual para persoas traballadoras autónomas para optimizar o rendemento da actividade deste colectivo, simplificar os seus trámites administrativos e fiscais e mellorar a súa xestión empresarial.

Ademais, engadiu José González, será un espazo de aprendizaxe accesible e adaptado ás necesidades específicas dos profesionais, proporcionando información e formación continua para axudalos coa normativa e aspectos de xestión como a facturación ou a rendibilidade do negocio, entre outros. Para iso, esta ferramenta ofrecerá flexibilidade, xa que permitirá ás persoas traballadoras autónomas acceder aos contidos en calquera momento e aprender ao seu propio ritmo. Tamén lles brindará a oportunidade de interactuar con outros profesionais e compartir experiencias.

Neste sentido, José González expuxo que esta acción é froito das propostas que realizan as organizacións deste colectivo na Mesa do autónomo, espazo de diálogo e consenso co sector, e engadiu que se enmarca na aposta da Xunta por ser unha administración facilitadora e pola colaboración público-privada para impulsar a actividade e competitividade deste colectivo. Outra medida neste campo é a convocatoria de axudas unificada para autónomos dotada con máis de 40 M€ e aberta ata o 30 de setembro e sobre a que as persoas interesadas poden resolver dúbidas co chatbot de intelixencia artificial habilitado para tal fin na Oficina virtual do emprego autónomo.

Deste xeito, subliñou o conselleiro, Galicia busca impulsar a súa vocación emprendedora e neste eido lembrou os 32 M€ destinados este ano a seguir potenciando este ámbito e o labor da Rede de polos de emprendemento, que conta con 15 oficinas por toda Galicia e leva atendido arredor de 4.000 proxectos de diferentes sectores -preto de 730 nos polos da provincia de Ourense- desde a súa posta en marcha, en xullo de 2022.

Accións co foco na remuda xeracional

A través desta rede, subliñou, desenvólvense iniciativas como o proxecto Fixar, que impulsa os modelos coliving para reter e atraer emprendedores á comunidade e do que este ano se lanzou a segunda edición. Un dos coliving vencellados a esta iniciativa é o de Sende, en Lobeira. Outros apoios aos que se referiu, son as axudas a novos proxectos emprendedores das que esta semana se publicou no DOG a convocatoria deste ano, dotada con 6,7 M€, e as achegas Retorno Emprendedor, destinadas ao emprendemento dos retornados. Este tipo de actuacións, incidiu, están enfocadas á remuda e contribuíron a que Galicia obtivese o premio Rexión Emprendedora Europea 2025. 

Ademais, dentro das axudas aos autónomos, José González destacou o Bono remuda orientado á transmisión de negocios e con axudas para quen asume o relevo e este ano, como novidade, tamén para quen traspasa por xubilación. A isto súmase o labor da Rede de polos, á que poden acudir as persoas interesadas en traspasar un negocio para obter apoio na difusión da súa oferta e solicitar asesoramento.

O comercio como paradigma

Dentro do colectivo de autónomos, José González salientou como paradigma o peso do comercio, que en Galicia abrangue máis de 32.000 establecementos e xera 107.000 empregos. Neste eido, destacou o novo Plan estratéxico do comercio 2025-2030 co que a Administración galega busca impulsar este sector e que, entre outros aspectos, promove a remuda xeracional con accións como Localízate! No teu comercio local, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 1º a 4º da ESO para crear vencellos entre a mocidade e os establecementos comerciais das súas contornas e que estivo presente onte en Ourense.

FUENTE

  • Related Posts

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A Consellería do Medio Rural reafirmou hoxe a súa decidida aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal no marco da…

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, con quen abordou os apoios…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave