La Xunta destaca el potencial de Leader para crear empleo en el rural

Ribadeo (Lugo), 1 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá o Hotel O Cabazo, no concello lucense de Ribadeo, que vén de mellorar as súas instalacións grazas a unha achega do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda no marco da intervención Leader. Durante o seu percorrido polo establecemento, Gómez salientou o potencial desta medida para favorecer a creación de emprego nas contornas rurais.

A conselleira explicou que a reforma das instalacións contou cun investimento de algo máis de 128.000 euros para derrubar a primeira fase do hotel e así poder construír 12 habitacións novas, que reúnen as características necesarias para aumentar a súa categoría e contar con catro estrelas. Este orzamento tamén permitiu acondicionar a planta baixa na que se atopan a recepción, a cafetería e a área de estar.

María José Gómez destacou a importancia da intervención Leader, que procura impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia participativa, baseada nun enfoque de abaixo a arriba, garantindo a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas. Incidiu en que esta medida ten unha repercusión moi positiva sobre o tecido socioeconómico das zonas rurais debido á súa contribución á creación de postos de traballo. De feito, na convocatoria anterior, foron 1.100 empregos novos os que se chegaron a apoiar.

Convocatoria 2025

A conselleira lembrou que a finais do mes de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das achegas para a execución en apoio de terceiras persoas ao abeiro da intervención Leader, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, dotadas cun orzamento de 12,6 millóns de euros.

Estas achegas son xestionadas polos GDR e con elas financiaranse iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e de proxectos non produtivos que beneficien ao conxunto da poboación en xeral.

Como novidade neste período da intervención, a conselleira destacou que esta convocatoria inclúe o Bono Activa Rural. Trátase dunha subvención baseada nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas, cunha aportación máxima de ata 18.000 euros. Esta axuda non está vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se relacionará co mantemento da actividade e co cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante, polo menos, cinco anos.

Case 57 millóns de euros ata 2027

A intervención Leader está dotada con 56,9 millóns de euros ata o ano 2027. Deste orzamento, 17,6 millóns foron destinados para sufragar os gastos de funcionamento dos GDR e os 39,6 millóns restantes teñen como fin financiar as operacións a terceiros.

Durante o período anterior, mentres a intervención estivo incluída na medida 19 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, o programa Leader permitiu aprobar máis de 1.500 proxectos, consolidar máis de 4.000 empregos e crear uns 1.100 novos. Así, mobilizáronse máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

FUENTE

  • Related Posts

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A Consellería do Medio Rural reafirmou hoxe a súa decidida aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal no marco da…

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, con quen abordou os apoios…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave