La Xunta destaca el sector vitivinícola gallego en la 62 Edición de la Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia (Ourense), 1 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron esta mañá á inauguración da 62 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se está a celebrar dende hoxe ata o próximo domingo 4 de maio no concello ourensán de Ribadavia. Alí, puxeron en valor a calidade do sector vitivinícola galego e sinalaron esta celebración como un referente nos eventos de exaltación do viño dentro e fóra de Galicia.

María José Gómez salientou que a Denominación de Orixe Ribeiro é a máis lonxeva da nosa comunidade, con algo máis de 90 anos de antigüidade. Actualmente esta DO conta cunha superficie inscrita de 1.255 hectáreas, 1.487 viticultores e un cento de industrias. Gómez asegurou que a excelente calidade destes viños débese á “ao traballo e a profesionalidade de viticultores e adegueiros agrupados no consello regulador”.

Este evento, ao que tamén asistiron o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, conta nesta edición coa participación dunhas 40 adegas. Neste marco, a conselleira do Medio Rural lembrou a importante aposta do Goberno autonómico polo sector vitivinícola, consolidado como unha das potencias económicas do agro na nosa comunidade.

Así, recordou as diferentes liñas de achegas postas en marcha pola Xunta de Galicia para impulsar este eido. Gómez sinalou que a pasada semana convocáronse axudas para os programas de mellora e control da calidade desenvolvidos polos consellos reguladores, dotadas cun orzamento de 360.000 euros. Con elas procúrase financiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algún distintivo de calidade. O prazo para solicitalas remata o vindeiro 26 de maio.

Por outra banda, destacou a liña de fomento da incorporación de novos agricultores aos réximes de calidade que se pode solicitar ata o 27 de maio e que conta cun orzamento de 240.000 euros. Estas subvencións apostan por favorecer que os titulares de explotacións agrarias se incorporen ás denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, produción ecolóxica ou a artesanía alimentaria.

Promoción

A titular de Medio Rural destacou que a convocatoria destas achegas ten como obxectivo “fomentar a calidade” e van da man do “importante esforzo” realizado polo Goberno autonómico en materia de promoción das producións do agro. O investimento en promoción para a mellora do posicionamento destas elaboracións materialízase a través do Plan Saborea Calidade Diferenciada, ao que se destinan máis de 8 millóns de euros para financiar as actuacións de promoción e as achegas dos consellos reguladores.

FUENTE

  • Related Posts

    Arranca De Pobra a Portosín: Tapeando polo mar, iniciativa para promover productos locales.

    A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 16 de maio de 2025 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participó en la tarde de este viernes en el inicio de la iniciativa…

    Román Rodríguez anuncia adxudicación do cambio de cubiertas do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

    Ribadumia (Pontevedra), 16 de mayo de 2025 El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitó hoy el Colexio Centro Público Integrado CPI Julia Becerra Malvar, en Ribadumia,…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    Arranca De Pobra a Portosín: Tapeando polo mar, iniciativa para promover productos locales.

    Aumento de solicitudes únicas de la PAC en Galicia supera años anteriores

    Aumento de solicitudes únicas de la PAC en Galicia supera años anteriores

    Román Rodríguez anuncia adxudicación do cambio de cubiertas do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

    Román Rodríguez anuncia adxudicación do cambio de cubiertas do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

    Las ciudades atlánticas reafirman su compromiso con el mar en Gijón

    Las ciudades atlánticas reafirman su compromiso con el mar en Gijón

    El TSXG concede pensión de viudedad a mujer de Lugo casada un día antes de fallecer su marido

    El TSXG concede pensión de viudedad a mujer de Lugo casada un día antes de fallecer su marido

    Inscripciones abiertas para la carrera popular de los Rosales en A Coruña.

    Inscripciones abiertas para la carrera popular de los Rosales en A Coruña.