La Xunta destaca medidas para promover la sucesión generacional de autónomos y el comercio para reforzar su papel en el emprendimiento local.

Lugo, 17 de xullo de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, clausurou esta tarde a xornada divulgativa para autónomos e comerciantes organizada por APE Galicia, na que tamén estiveron presentes representantes do sector da provincia de Lugo.

Durante o acto, González destacou o compromiso da Xunta de Galicia por apoiar de maneira transversal ás persoas autónomas, clave no tecido produtivo galego e no pulo de sectores absolutamente estratéxicos como o comercio. Galicia é a segunda comunidade con maior proporción de persoas autónomas respecto ao total de afiliacións, cun 19,29 %, porcentaxe que en Lugo supera o 24 %. Neste contexto, puxo en valor as políticas públicas centradas en ámbitos prioritarios como a remuda xeracional, o emprendemento, a formación continua e o acompañamento personalizado.

A este respecto, lembrou que todas as persoas interesadas en traspasar un negocio en Galicia poden acudir á Rede de Polos —con cinco oficinas activas na provincia de Lugo, en Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos, que en conxunto xa atenderon preto de 1.000 proxectos emprendedores— para darlle visibilidade á súa oferta e solicitar ao persoal técnico asesoramento no proceso de transmisión. Ademais, mencionou que teñen á súa disposición apoios económicos clave como o Bono remuda (1,2 M€) que este ano engade como novidade —ás axudas xa incluídas para quen asume o relevo—, apoios para quen traspasa por xubilación. Esta é unha das cinco liñas que, por primeira vez, se unifican no paquete de axudas para autónomos, dotado con máis de 40 millóns de euros. Nel inclúense tamén outras medidas, como o Bono Autónomo Concilia, que ofrece apoio á contratación dunha persoa traballadora para cubrir situacións como unha baixa por maternidade ou paternidade, así como para contratar persoal ou facer fronte a gastos relacionados con centros ou servizos de atención ao coidado de menores ou maiores ao cargo.

Xunto a estas axudas, José González destacou tamén o impulso a ferramentas innovadoras como o chatbot de intelixencia artificial da Oficina Virtual do Emprego Autónomo, deseñado para resolver dúbidas de forma inmediata e accesible. Ademais, avanzou a próxima posta en marcha da Academia Virtual para persoas traballadoras autónomas, unha plataforma dixital que ofrecerá formación e asesoramento práctico para mellorar a xestión e o rendemento dos seus negocios. Este novo espazo permitirá acceder, en calquera momento e desde calquera lugar, a contidos flexibles e adaptados ás necesidades do colectivo, con especial atención a aspectos como a tramitación administrativa, a fiscalidade ou a rendibilidade empresarial.

O comercio como sector clave

O conselleiro puxo tamén en valor a importancia do sector comercial en Galicia, que conta con máis de 32.000 establecementos e xera preto de 107.000 empregos, cun papel protagonista do colectivo autónomo. Neste sentido, referiuse ao actual Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, dotado con máis de 320 millóns de euros, co obxectivo de reforzar a visibilidade e dinamización do sector.

Con esta folla de ruta, a Xunta aposta por un modelo de comercio máis competitivo, moderno e conectado coa sociedade, que garanta a súa continuidade e o seu papel esencial nas vilas e cidades galegas. Entre os principais eixes do plan destacan a remuda xeracional e a conexión coa mocidade, tanto para fomentar vocacións emprendedoras como para fortalecer o vínculo dos máis novos co comercio de proximidade. A formación continua, especialmente a través de accións de microformación, é outro dos piares fundamentais desta estratexia.

FUENTE

  • Related Posts

    Anuncio de Oferta de Empleo Público de la Administración General para 2025 con más de 700 plazas nuevas de acceso libre

    El Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ha anunciado que antes de finalizar este año se aprobará la Oferta de Empleo Público (OEP) de la Administración general para…

    Galicia se queja por falta de nueva financiación en CPFF

    La Xunta de Galicia asistió al Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) con la queja de que no se incluyera en el orden del día la apertura de la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Homenaje a las víctimas de accidentes viales en la Estación de Autobuses

    Homenaje a las víctimas de accidentes viales en la Estación de Autobuses

    La oposición exige dimisión de Sanmartín por situación de bomberos en Santiago

    La oposición exige dimisión de Sanmartín por situación de bomberos en Santiago

    Bomberos trabajan para extinguir incendio en bloque de viviendas en Santiago

    Bomberos trabajan para extinguir incendio en bloque de viviendas en Santiago

    Trasladan a persona por inhalación de humo tras incendio en campana extractora en Ames.

    Trasladan a persona por inhalación de humo tras incendio en campana extractora en Ames.

    El deporte adaptado como elemento de inclusión en la sociedad

    Destacan esfuerzo y dedicación de la sociedad por la lengua en los premios San Martiño.