La Xunta destaca viño da Ribeira Sacra e Mel de Galicia en concurso de pizzas gourmet

Madrid, 10 de abril de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo entrega esta tarde do premio ao mellor pizzeiro de España 2025 a Pablo Huertas, do restaurante Mariupizza de Alcoy (Alacante). Foi no marco do Salón Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade que remata hoxe a súa edición número 38 en Madrid.

A titular de Medio Rural puxo en valor que este campionato foi patrocinado pola Xunta e nel tiveron un papel protagonista os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Así, todos os concursantes neste certame fixeron unha maridaxe das súas preparacións con estes viños galegos de calidade diferenciada, e valorouse ademais a mellor receita coa IXP Mel de Galicia.

María José Gómez participou neste acto como parte do seu programa de hoxe no Salón, onde acudiu para apoiar as 39 empresas agroalimentarias da nosa comunidade presentes nesta edición da feira.

Neste certame, a conselleira entregou ademais varios galardóns a queixerías galegas dentro do certame 15º GourmetQuesos, Campeonato de los Mejores Quesos de España, entre elas un a Savel de Arias Moniz, gañador da prata na categoría da variedade de azuis mofado interno e recoñecido co Gold Cheese From Spain Awards, promovido por ICEX España Exportación e Inversións, do Ministerio de Comercio.

FUENTE

  • Related Posts

    Villares destaca la contribución de festivales como el Festival del Pulpo de Xove a la economía local y al sector pesquero, y la promoción de los productos de la costa.

    Xove (Lugo), 17 de abril de 2025 El conselleiro do Mar, Alfonso Villares, se unió este Jueves Santo a la XXI Fiesta del Pulpo de Xove, con la que la…

    La Xunta reitera su reclamación al Gobierno central por daño ambiental y costos generados por episodio de pellets.

    Santiago de Compostela, 17 de abril de 2025 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, remitiu unha carta á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    Servicio especial de autobuses para el partido del Deportivo

    Servicio especial de autobuses para el partido del Deportivo

    Villares destaca la contribución de festivales como el Festival del Pulpo de Xove a la economía local y al sector pesquero, y la promoción de los productos de la costa.

    La gripe en Galicia se mantiene estable y en intensidad basal

    La gripe en Galicia se mantiene estable y en intensidad basal

    La Xunta reitera su reclamación al Gobierno central por daño ambiental y costos generados por episodio de pellets.

    El plazo para aceptar o renunciar a la plaza finaliza el 5 de mayo.

    El plazo para aceptar o renunciar a la plaza finaliza el 5 de mayo.

    Madre e hijo atropellados tras choque entre vehículos en Melide.

    Madre e hijo atropellados tras choque entre vehículos en Melide.