A Coruña, 16 de xullo de 2025.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, a delegada da Xunta, Belén do Campo, e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participaron esta tarde na tradicional procesión marítima organizada pola Confraría da Nosa Señora do Carme e da Aurora da parroquia de San Jorge, en conmemoración da festividade da Virxe do Carme, patroa do mar.
O acto deu comezo coa habitual procesión por terra, que partiu da igrexa parroquial de San Jorge e percorreu as rúas do centro histórico da cidade até chegar ao peirao. Alí, e como marca a tradición, a imaxe da Virxe foi embarcada para continuar a homenaxe en mar aberto, nun emotivo percorrido pola bahía da Coruña no que participaron numerosas embarcacións que acompañaron á Virxe.
A Coruña conta cunha fonda devoción á Virxe do Carme, símbolo de protección e esperanza para todas as persoas que traballan no mar.








