La Xunta prioriza una justicia útil, moderna y accesible, con enfoque en víctimas de violencia de género y colectivos vulnerables.

Sarria (Lugo), 4 de xuño de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en  Lugo, Javier Arias,  na inauguración das XVIII Xornadas xurídicas Román García Varela, onde salientou a necesidade de que as reformas na xustiza dean resposta á sociedade do século XXI como se indica no título desta edición. Nesta liña, salientou que a Xunta aposta por unha xustiza útil, moderna e accesible, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero e colectivos vulnerables como os menores ou persoas maiores.

O tratamento especializado nos xulgados de violencia sobre a muller é un dos temas que se abordarán nestas xornadas que manteñen o legado do xurista Román García Varela e converten cada ano o concello de Sarria en referente da axenda xudicial a nivel estatal. De feito, Diego Calvo salientou o prestixio dos participantes e a variedade de temas de actualidade no ámbito da xustiza que se tratarán entre hoxe e mañá na Casa da Cultura de Sarria.

No que se refire aos xulgados de violencia contra a muller, o conselleiro lembrou que a Xunta solicitara ao Goberno central a través da Comisión Mixta co TSXG estender estes tribunais a todas as cidades galegas como os que xa funcionan na Coruña e Vigo, comezando por Santiago. Pero, tal e como explicou Diego Calvo, a falta de vontade do Goberno central impediu arrincar o ano con novas unidades xudiciais, xa que non as comunicou. Nesta liña, aclarou que o Boletín Oficial de Estado (BOE) publicou hoxe o decreto para dotar á comunidade de catro novas prazas de xuíces de violencia sobre a muller na comunidade. En concreto, para Santiago, Ourense, A Coruña e Vigo, cunha praza en cada caso. A Xunta lamenta que no caso da Coruña e Vigo se poñan en marcha a costa de transformar seccións de instrución, o que provocará un aumento nos asuntos neste área.

Na súa intervención puxo en valor o traballo da Xunta para ofrecer unha atención especializada ás vítimas a través das Oficinas de Atención ás Vítimas que, grazas a un novo servizo de asistencia virtual, poderá realizarse por videoconferencia evitando desprazamentos. Ademais, sinalou que mediante un convenio co Consello da Avogacía Galega, as vítimas de violencia sexual teñen a asistencia xurídica gratuíta garantida con profesionais especializados nestes delitos.

O conselleiro tamén destacou a necesidade de avanzar na modernización da xustiza e, pese aos riscos das novas tecnoloxías que se tratarán nunha das mesas, incidiu na necesidade de continuar coa dixitalización da xustiza e o impulso do expediente xudicial electrónico no marco do Plan Senda 2025.

Outro dos asuntos previstos na programación está relacionado coa estabilización profesional coa carreira profesional. Así, lembrou que, á falta dunha regulación a nivel estatal por parte do Goberno central,  Galicia foi pioneira na posta en marcha da carreira profesional na Administración da Xustiza ao retribuír a progresión do persoal en condicións similares ás dos empregados públicos da Xunta. Xa se realizaron as convocatorias dos graos I e II da traxectoria profesional e estase a traballar este ano na do grao III, o que supón para este exercicio un orzamento de 6,6 millóns de euros.

Por outra parte, un dos temas de maior actualidade é a actual reforma xudicial coa nova Lei estatal de eficiencia xudicial aprobada este ano. Diego Calvo explicou que Galicia traballa na súa implantación para cumprir cos prazos esixidos pese a que o Goberno central non dotou ás comunidades dos fondos necesarios para a súa posta en marcha. De todas formas, a Xunta xa aprobou o deseño e a estrutura das oficinas xudiciais, así como as relacións de postos de traballo dos rexistros civís, as oficinas xudiciais e as case 270 oficinas de xustiza nos concellos galegos que substitúen aos xulgados de paz e son os que máis cambios rexistrarán coa nova norma.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La CIG denuncia imposición de marco laboral por Xunta y Gobierno

    Varios centenares de personas se reunieron en Ferrol para conmemorar el Día da Clase Obreira Galega, convocados por el sindicato CIG. Esta manifestación, una de las 14 organizadas en toda…

    Lorenzana destaca la importancia de ser prudentes en la transición energética

    La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacó hoy la importancia de tomar decisiones prudentes para consolidar la transición energética de manera justa y ganar autonomía de forma…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    La CIG denuncia imposición de marco laboral por Xunta y Gobierno

    La CIG denuncia imposición de marco laboral por Xunta y Gobierno

    El PPdeG bloquea investigación sobre Altri y la oposición pregunta: «¿Qué están escondiendo?»

    El PPdeG bloquea investigación sobre Altri y la oposición pregunta: «¿Qué están escondiendo?»

    Camión que transportaba leche vuelca en Vilalba, Lugo. Se movilizan servicios de emergencia.

    Camión que transportaba leche vuelca en Vilalba, Lugo. Se movilizan servicios de emergencia.

    Marcha en A Coruña por la igualdad de género el 8M

    Marcha en A Coruña por la igualdad de género el 8M

    Declaración institucional de la Xunta de Galicia en el Día Internacional de las Mujeres, 8 de marzo de 2026

    La Xunta suma más de 3700 participantes en Parlamento Xove

    La Xunta suma más de 3700 participantes en Parlamento Xove