La Xunta promueve la remuda xeracional en la artesanía gallega con el campamento «Arte nas mans»

Allariz (Ourense), 19 de xullo de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, puxo hoxe de relevo a aposta da Xunta a prol da atracción de talento mozo e da remuda xeracional na artesanía de Galicia con accións de difusión ligadas ao territorio. Fíxoo durante a visita realizada ao campamento de verán Arte nas mans: unha viaxe pola artesanía, unha iniciativa conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolvida por primeira vez este ano e dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos.

O director xeral explicou que esta actuación se enmarca no programa Acción de Verán 2025, ten lugar desde o pasado 17 de xullo ata mañá no albergue de Allariz e con ela as 30 persoas participantes afondan nos oficios artesanais. A cifra de participantes no campamento está incluída nas 11.630 prazas que a Xunta ofrece na súa programación estival deste 2025, sendo a maior oferta da súa historia, e que abrangue tamén campamentos, os minicampamentos Coñece Galicia, actividades para maiores de 18 anos ou a posta a disposición das instalacións xuvenís xestionadas pola Administración autonómica para o seu uso.

En concreto, neste campamento desenvólvense obradoiros de cianotipias, elaboración de papel artesanal, papel marmolado, encadernación xaponesa e tecido de tapices, impartidos por Peixesapop. Tamén hai un de cestería, a cargo de Julia de la Cal-La Parabólica, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2024, outro de estampaxe téxtil de La Platanera e o de torno cerámico, que imparte Carlos San Claudio.

Trátase dunha aprendizaxe de oficios tradicionais, subliñou Gabriel Alén, á que se suman a experiencia da convivencia, a aprendizaxe e desenvolvemento persoal nunha contorna única rodeada de paisaxes naturais. Deste xeito, explicou, o Goberno galego busca atraer o talento mozo ao sector artesanal e ensinarlle á mocidade o valor da artesanía como emprendemento ligado ao territorio. Ao mesmo tempo, engadiu, achégase ao alumnado ao valor do feito a man, da exclusividade e da sustentabilidade, xa que se trata dun sector con baixa pegada ecolóxica.

Pulo aos obradoiros artesáns

Este labor de divulgación que realiza a comunidade galega dos oficios artesanais é unha das liñas de actuación que potencia a Xunta a través do pulo ao labor dos obradoiros ahderidos a Artesanía de Galicia, que no caso da provincia de Ourense son arredor de 70. Forma parte dunha aposta estratéxica que se reflicte no Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030 (320M€), que inclúe medidas dirixidas a promover a remuda xeracional e fomentar novas vocacións de emprendemento vencelladas á artesanía, como as futuras bolsas de aprendices para o programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, co que o Executivo autonómico promove a profesionalización no sector artesán, a atracción de talento mozo e a remuda xeracional en oficios tradicionais.

A isto súmanse outras iniciativas como os Premios Artesanía de Galicia 2025, do que o prazo de presentación de candidaturas será desde o luns 15 de setembro ata o venres 26 de setembro—. Con esta iniciativa -que inclúe tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e as tres Bolsas Eloy Gesto- Galicia busca recoñecer e visibilizar o traballo do sector divulgando os seus oficios, novos talentos e promover a remuda xeracional e a introdución da innovación.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La conselleira Allegue destaca la colaboración Xunta-Concello en la remodelación de la plaza Isaac Díaz Pardo.

    La titular de Vivienda y Planificación de Infraestructuras participó hoy en el encendido de las luces de Navidad en esta plaza recientemente acondicionada bajo el Plan Hurbe del Gobierno gallego.…

    Entrega de títulos parcelarios en Novela-Liñares-Pezobrés, Santiso: beneficio para 370 propietarios y 850 hectáreas.

    El día 5 de diciembre de 2025, en Santiso (A Coruña), la conselleira del Medio Rural, María José Gómez, presidió la entrega de títulos de propiedad de la concentración parcelaria…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Accidente múltiple en Santiago deja parque de bomberos vacío por hora y cuarto.

    Accidente múltiple en Santiago deja parque de bomberos vacío por hora y cuarto.

    Muere un hombre y otro en estado crítico por inhalación de humo en incendio en A Coruña.

    Muere un hombre y otro en estado crítico por inhalación de humo en incendio en A Coruña.

    Conmemoración del Día Internacional contra la Violencia de Género en Riazor con la lectura del manifiesto.

    Conmemoración del Día Internacional contra la Violencia de Género en Riazor con la lectura del manifiesto.