Las ciudades atlánticas reafirman su compromiso con el mar en Gijón

No marco do 25º aniversario da Rede de Cidades Atlánticas, Atlantic Cities, a cidade de Gijón/Xixón acolleu a Asemblea Xeral 2025 que reuniu a representantes de diferentes cidades europeas. A alcaldesa, Inés Rey, que preside a rede dende setembro de 2024 liderou o cumio que reuniu representantes de Donostia / San Sebastián, Faro, Bilbao, Santander, Viana do Castelo e Brest, co obxectivo de compartir políticas locais para protexer o litoral e impulsar novas formas de desenvolvemento sostible.

Durante o encontro, as cidades participantes subscribiron a Declaración de Gijón 2025, un documento estratéxico que reforza o compromiso conxunto co futuro do espazo atlántico europeo. «A declaración aposta por transformar as cidades desde o mar, promovendo a economía azul, a resiliencia climática, a planificación urbana sostible, a igualdade e a cohesión territorial» sinalou a alcaldesa. Así mesmo, comprometéronse a continuar traballando xuntas coa protección do Atlántico como eixe fundamental.

A asemblea contou cunha mesa de alcaldesas e alcaldes centrada no lema «O Atlántico: un océano de oportunidades» na que Rey presentou Coruña Marítima como o maior proxecto de transformación urbana das últimas décadas en Galicia: «A fachada marítima da Coruña é un espazo estratéxico que permitirá crear abrir novos espazos públicos á cidadanía, consolidar zonas verdes e impulsar sectores clave da economía azul como a pesca, a náutica e a biotecnoloxía mariña» sinalou.

Rey subliñou o carácter participado do processo, con máis de 700 achegas cidadás e cinco talleres abertos e puxo en valor o proxecto como un modelo de cooperación e traballo conxunto entre administracións. «Coruña Marítima é un proxecto de cidade, pero tamén unha proposta que fala da nova Europa atlántica: conectada, verde, innovadora e social», afirmou. Nese sentido, a alcaldesa compartiu co resto de rexedores e rexedoras a importancia da planificación urbana na conservación dos ecosistemas, con proxectos que avanzan na renaturalización de barrios e a recuperación de espazos degradados mediante criterios de infraestrutura verde e drenaxe sostible.

A sesión contou tamén coas intervencións da alcaldesa de Gijón, Carmen Moriyón; o alcalde de Donostia, Eneko Goia; o alcalde de Faro, Rogério Bacalhau; o alcalde de Bilbao, Juan María Aburto; e representantes de Santander, Viana do Castelo e Brest, que coincidiron na necesidade de reforzar a cooperación territorial atlántica e o papel das cidades na nova axenda europea.

FUENTE

  • Related Posts

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

       The PSdeG emphasizes that there is no «government agreement» and frames the partial dedication to a PP councilor within the «normality of municipal politics»    The Socialist Party and the Popular…

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    La alcaldesa de Coruña, Inés Rey, acompañada por el concejal de Cultura, Gonzalo Castro, recibió esta mañana en el Palacio Municipal de María Pita a Juan Antonio Cuéllar, recientemente nombrado…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave