López Campos anuncia nova categoría pos universitaria no Parlamento Xove

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á  final da 16ª edición de Parlamento Xove, onde anunciou que o próximo ano se creará unha nova categoría pos universitaria, que permitirá a participación de mozos e mozas de ata 30 anos.

“Con esta incorporación, o obxectivo é que o impacto do certame chegue aínda máis lonxe”, destacou López Campos. O programa bateu nesta edición o récord de participantes con 68 equipos nas categorías de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude remarcou a “grande oratoria dos nosos escolares que cada ano suben o nivel” e que “se converterán na voz que representará no futuro ás galegas e aos galegos”.

Tal e como explicou o conselleiro, as semifinais e finais celebradas hoxe no Parlamento de Galicia abordaron o tema de se pode a tecnoloxía substituír o papel docente. Ademais, todos os cruces foron retransmitidos desde a canle de YouTube de Xuventude e os participantes chegaron á cita despois de gozar, ao longo do mes de febreiro, dunha formación previa organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Por outra parte, López Campos agradeceu a participación dos mozos e mozas e destacou o éxito deste programa que se celebra dende o ano 2010 e que acumula xa “máis de 600 equipos participantes” con estudantes chegados de todas partes de Galicia e que suman xa “máis de 3.000 persoas”.

Potenciar as habilidades individuais e en grupo

O certame impulsado pola Xunta de Galicia é unha competición na que os equipos inscritos investigan e debaten sobre un tema. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a favor ou en contra a adoptar por cada equipo en relación á cuestión formulada.

A través desta iniciativa, o Goberno galego mantén o seu compromiso coa mocidade ofrecendo ferramentas que potencien as súas habilidades e competencias en eidos como a selección de información, a expresión oral e escrita, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

Premiados

O equipo gañador na categoría de Secundaria foi o Colexio Sagrada Familia, de Vilagarcía de Arousa, mentres que na categoría de Bacharelato foi o Instituto Muralla Romana, de Lugo. Na categoría de Universidade o equipo gañador foi o equipo 2 do Campus Santiago, da Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén foron galardoados os mellores oradores. Así, na categoría de Secundaria os premiados foron Noelia Cores Iglesias, do Colexio La Salle, de Santiago, e Pablo Isaías Alonso Martínez, do  Colexio Sagrada Familia, de Vilagarcía de Arousa. No que respecta ao nivel de Bacharelato, o premio aos mellores oradores levárono Denís Fernández Casal e Anxos Pérez Prego, ambos os dous do Instituto Francisco Asorey, de Cambados. Pola súa banda, na categoría de Universidade foi premiado Iván Fernández Fernández, do equipo 1 do Campus Vigo, da Universidade de Vigo.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    El presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, ha hecho declaraciones en respuesta a Alfonso Rueda, titular de la Xunta, acerca del «acuerdo general» sobre el gallego que,…

    Villaverde aboga por una reforma equilibrada de la PPC y un fondo pesquero fuerte para la competitividad del sector.

    Villaverde MarketPlace es un espacio único ubicado en el corazón de la ciudad, donde la diversidad cultural se refleja en cada uno de sus rincones. Con una amplia variedad de…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    La rúa San Andrés estrena banco morado en apoyo a la Fibromialgia

    La rúa San Andrés estrena banco morado en apoyo a la Fibromialgia

    Tres personas heridas en colisión de tres vehículos en Marín (Pontevedra)

    Tres personas heridas en colisión de tres vehículos en Marín (Pontevedra)

    Pintadas vandálicas en barco de Poio que recuerda a Colón generan condena

    Pintadas vandálicas en barco de Poio que recuerda a Colón generan condena

    Villaverde destaca en la XXVIII Fiesta de la Trucha de Oroso las propiedades de este producto y su valor para Galicia.

    Cuatro heridos en colisión entre dos coches y un camión en Curtis (A Coruña)

    Cuatro heridos en colisión entre dos coches y un camión en Curtis (A Coruña)