López Campos asegura disponibilidad del nuevo programa de justicia en gallego y castellano

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, respondeu hoxe no Parlamento a preguntas relacionadas coa actividade do seu departamento e nas que reiterou que a Xunta de Galicia garantirá que o novo sistema de xestión procesual que vai implantar o Ministerio de Xustiza estea dispoñible tanto en galego como en castelán.

Neste senso, o conselleiro puxo en valor “o total compromiso do Goberno galego co impulso do uso e prestixio da lingua en toda a sociedade e, nomeadamente, no eido da xustiza”. Por isto, tal e como sinalou, a Administración autonómica traballa xa “para que co novo programa Atenea non se repita o problema sucedido con Minerva, que non estaba preparado para soportar a versión en galego”.

Deste xeito, López Campos explicou que nun primeiro momento a intención do Ministerio de Xustiza era asinar un convenio para ceder este sistema á Xunta de Galicia só en castelán e que fose o Goberno autonómico o que asumira a implantación da lingua galega.

Así, tal e como explicou, “a plataforma figuraba só en castelán e non tiñamos a seguridade de que fora estar dispoñible nas dúas linguas”. Por este motivo, precisou, iniciouse o proceso de diálogo co Goberno central, xunto coa Irmandade Xurídica, “para colaborar co Ministerio e que Galicia teña o que lle corresponde, respectando e favorecendo así o uso do galego”.

Neste contexto, o responsable de Lingua do Executivo galego lembrou que ao abeiro do Pacto pola Lingua xa están funcionando outro tipo de iniciativas para fomentar e prestixiar o uso do idioma na xustiza. Así, a finais do pasado ano, López Campos asinou un convenio co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, a través do cal se puxeron en marcha cursos de formación específica en lingua e cultura galegas para persoal deste sector profesional, uníndose así a outros  enfocados noutros ámbitos da Administración ou no eido sanitario, e ao que se sumou hai uns días a sinatura dun protocolo de colaboración co Colexio Notarial de Galicia e a Irmandade Xurídica para o impulso do idioma na redacción de documentos públicos.

Neste marco, o conselleiro volveu amosar a man tendida para que todos os grupos poidan traballar de xeito conxunto e consensuado e acadar un acordo “que permita que o galego siga sendo un idioma cheo de vitalidade, mellorando o seu uso nos distintos ámbitos sociais”.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La conselleira Allegue destaca la colaboración Xunta-Concello en la remodelación de la plaza Isaac Díaz Pardo.

    La titular de Vivienda y Planificación de Infraestructuras participó hoy en el encendido de las luces de Navidad en esta plaza recientemente acondicionada bajo el Plan Hurbe del Gobierno gallego.…

    Entrega de títulos parcelarios en Novela-Liñares-Pezobrés, Santiso: beneficio para 370 propietarios y 850 hectáreas.

    El día 5 de diciembre de 2025, en Santiso (A Coruña), la conselleira del Medio Rural, María José Gómez, presidió la entrega de títulos de propiedad de la concentración parcelaria…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Accidente múltiple en Santiago deja parque de bomberos vacío por hora y cuarto.

    Accidente múltiple en Santiago deja parque de bomberos vacío por hora y cuarto.

    Muere un hombre y otro en estado crítico por inhalación de humo en incendio en A Coruña.

    Muere un hombre y otro en estado crítico por inhalación de humo en incendio en A Coruña.

    Conmemoración del Día Internacional contra la Violencia de Género en Riazor con la lectura del manifiesto.

    Conmemoración del Día Internacional contra la Violencia de Género en Riazor con la lectura del manifiesto.