López Campos destaca el valor del programa Mentoring como punto de inflexión en la vida profesional de la juventud.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe no encontro coas persoas mentoras do programa Xuventude Mentoring, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia coa participación de máis de 100 persoas participantes nalgunha das seis edicións xa celebradas.

Durante o acto, no que se entregaron trofeos conmemorativos a todas as persoas mentoras e titoras, o responsable autonómico de xuventude agradeceu o labor altruísta e a implicación na mellora das oportunidades da mocidade galega. “Todos os que estades hoxe aquí sodes auténticos referentes para unha xeración que busca camiños, apoio e confianza. O voso labor pode ser un punto de inflexión no paso á vida profesional dunha moza ou dun mozo”, afirmou o conselleiro.

Neste senso, o conselleiro puxo en valor os resultados deste programa, que conta cunha taxa media de inserción laboral superior ao 64 % e que xa beneficiou a máis de 1.000 participantes. “Estas cifras amosan a nosa aposta polo programa Mentoring está consolidada e os datos continúan mellorando cada ano”.

Entidades colaboradoras

A iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, conta coa colaboración do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia e as tres universidades galegas: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. Ademais, conta co apoio de diversas asociacións profesionais, fundacións, concellos e empresas, que participan activamente tanto no desenvolvemento das accións formativas como na acollida de participantes e na consolidación dunha rede sólida de mentores e mentoras comprometidas co futuro da mocidade.

Contido do programa

O Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e acompañamento personalizado que busca facilitar a transición da mocidade cara ao mercado laboral. Dirixido a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ofrece titorías individualizadas, orientación profesional por parte de mentores expertos no seu sector, formación en competencias clave para o emprego —incluíndo habilidades dixitais, intelixencia artificial e competencias lingüísticas—, así como actividades de networking e visitas a empresas. A metodoloxía do programa baséase no apoio continuado dunha persoa titora e na vinculación directa co tecido empresarial galego, o que permite coñecer de primeira man o funcionamento do mundo laboral e ampliar redes de contacto profesionais. Esta combinación de aprendizaxe práctica, guía profesional e inmersión no ecosistema empresarial converte o programa nunha ferramenta de alto impacto para a empregabilidade xuvenil en Galicia.

Investemento en oportunidades de futuro

O programa Xuventude Mentoring, xunto coa súa variante na Empresa, supón tamén un esforzo significativo de xestión e investimento por parte da Xunta de Galicia, que destinou xa máis de 6,5 millóns de euros para a súa execución como parte do programa cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021–2027. Estes fondos permiten ofrecer formación de calidade, bolsas remuneradas, acompañamento personalizado e o establecemento dunha sólida rede de mentores e empresas colaboradoras en toda Galicia. A elevada taxa de inserción laboral demostra o alto retorno social e económico do programa, que consegue transformar recursos públicos en oportunidades reais de emprego, xerando un impacto positivo tanto na vida da mocidade participante como no tecido produtivo galego.

Finalmente, o conselleiro López Campos puxo en valor o impacto global do programa, sinalando que iniciativas como esta “amosan o compromiso transversal da Xunta coa mocidade, coa igualdade de oportunidades e cun futuro laboral máis esperanzador e próximo para todos e todas”.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Rueda y Besteiro felicitan a Oliver Laxe por nominación de Sirât en Globos de Oro

    El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y el secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, han expresado su alegría por la nominación de la película «Sirât», dirigida por…

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    La Xunta de Galicia ha activado la alerta naranja por temporal costero en las provincias de A Coruña y Pontevedra, con la posterior incorporación de Lugo al final del día.…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)

    Trasladan a un hombre tras colisión entre turismo y camión en O Carballiño (Ourense)