María José Gómez destaca o traballo co sector para impulsar as razas autóctonas gandeiras.

Coles (Ourense), 12 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo hoxe en valor o traballo da Xunta, en colaboración co sector, a prol das razas autóctonas gandeiras de Galicia. Fíxoo nunha visita ao Pazo de Fontefiz, en Coles (Ourense), no que se localiza o Centro de Recursos Zooxenéticos e no día no que, precisamente, se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a primeira convocatoria de subvencións específicas destinadas á recría de razas autóctonas de gando bovino e ovino-cabrún ameazadas.

Neste acto, Gómez salientou que con estas axudas, dotadas cun orzamento total de 390.000 euros, búscase apoiar os gandeiros que apostan pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade do rural. O obxectivo último que se quere acadar, segundo explicou a conselleira, é que os gandeiros poidan substituír os seus animais por exemplares criados na propia explotación desde o desleite. Isto, engadiu, vailles permitir mellorar a adaptación dos animais ao medio, reducir custos e garantir a continuidade das explotacións.

Importes máximos

As axudas que hoxe se convocan poderán chegar a un importe máximo por explotación de 15.000 euros, sendo a contía tope por animal de 350 euros no caso dos bovinos e de 60 no ovino e cabrún. Para os titulares de explotacións de gando vacún destínanse 350.000 euros e para os de ovino e cabrún os 40.000 restantes.

Asemade, a titular de Medio Rural subliñou que esta nova medida vén complementar outras accións que impulsa a Consellería para apoiar as razas autóctonas, como son os convenios de colaboración coas asociacións de criadores e co propio Centro de Recursos Zooxenéticos. Tamén agradeceu o traballo da Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga), sobre todo para que esta nova iniciativa sexa posible.

Salientou, ao tempo, que estas instalacións do Pazo de Fontefiz, que levan case catro décadas en activo, desempeñan un papel clave na conservación e investigación. Só nos últimos anos, o centro contribuíu á entrega de máis de 1.750 bovinos a gandarías colaboradoras, e tamén á distribución de sementais e reprodutoras de Ovella e Cabra galega. Grazas a este labor, sinalou, Galicia conta actualmente cun censo de máis de 75.500 animais bovinos e doutras especies autóctonas en conservación.

Rabaño fundacional

A conselleira lembrou ademais que Fontefiz traballa na conservación do rabaño fundacional das cinco razas bovinas galegas ameazadas -Cachena, Frieiresa, Caldelá, Limia e Vianesa-, así como doutras especies como as devanditas Ovella e Cabra galega, o Porco celta, a Galiña de Mos ou o Cabalo de Pura Raza Galega.

Nesta liña, Gómez defendeu que, cando se poñen a disposición todos estes recursos, estase apostando polo mantemento e incremento destas razas e, en definitiva, polo aproveitamento sustentable dos nosos recursos autóctonos, garantindo a rendibilidade das explotacións; pola preservación da diversidade xenética destas razas tan singulares; polo coidado do territorio e pola economía do rural.

Ligazón á convocatoria de axudas no DOG:

FUENTE

  • Related Posts

    Colaboración para sistema de saneamiento en Roimil a finales de 2025

    Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2025. La Xunta y el Concello de Friol han llegado a un acuerdo para llevar a cabo una importante obra de infraestructura en…

    La Xunta ampliará la atención a jóvenes con autismo hasta los 21 años

    El Conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, ha anunciado que la Xunta de Galicia reforzará el cuidado de niños y adolescentes con trastorno autista, ampliando la atención hasta los 21…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    El Concello y la Deputación firman convenio para Casa de Acollida para mujeres víctimas de violencia machista

    El Concello y la Deputación firman convenio para Casa de Acollida para mujeres víctimas de violencia machista

    López Campos promueve la tradición alfombrista en homenaje a Maruja Mallo

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.