Más de 20.000 participantes en las oposiciones de Educación en Galicia, mejorando las ratios.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe que a Xunta de Galicia celebra un ano máis un gran proceso de oposicións no ensino co fin de volver mellorar as ratios de alumno/profesor e reforzar o cadro de docentes da educación pública galega. Así o fixo coincidindo co inicio do proceso, cuxo arranque supervisou en Santiago de Compostela e Lalín, dous dos 16 concellos onde se levan a cabo os exames na xornada deste sábado. En total, ofértanse 1.664 prazas de persoal funcionario que se incorporarán ao seu novo destino xa no vindeiro mes de setembro, coincidindo co novo curso escolar 25/26.

O titular do departamento educativo do Goberno galego visitou esta mañá as sedes das oposicións sitas no Instituto IES Lamas de Abade de Santiago e no IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez. Neste contexto, subliñou “o compromiso do Goberno galego coa renovación e estabilización do cadro docente”, o que queda reflectido nestas oposicións, nas que se ofertan 120 prazas por cada 100 baixadas, o máximo que permite a normativa estatal.

“Malia a caída da natalidade, mantemos a aposta polo emprego público, o que permite mellorar a ratio de alumnos por profesor das aulas galegas, que actualmente xa é a terceira mellor de España”, cun índice de 9,9, fronte á media estatal do 11,3, afirmou. 

Como lembrou o conselleiro, coas oposición que comezan hoxe, “elevamos a 20.252 as prazas de ensino convocadas pola Xunta desde 2009, o que significa que en algo máis de 15 anos posibilitamos que arredor de dous terzos dos docentes se incorporasen como novos funcionarios, cambiasen de especialidade ou consolidasen o seu posto”. “Grazas a esta aposta pola estabilidade, Galicia é desde hai anos a Comunidade coa interinidade docente máis baixa de España, moi por debaixo da media estatal”, lembrou. 

O conselleiro tivo a oportunidade de desexar sorte a algúns dos opositores e de agradecer aos tribunais “o seu traballo nas últimas semanas para que o complexo dispositivo das probas funcione correctamente e os aspirantes poidan afrontalas coa maior tranquilidade”. Neste sentido, explicou que son 20.520 persoas as que concorren e 183 os tribunais que os xulgan e supervisan, en 16 localidades de toda Galicia. Isto supón mobilizar 915 persoas, un total de 2.562 persoas se se ten en conta tamén os membros dos tribunais suplentes. A este respecto, puxo en valor a “magnitude” do dispositivo en marcha para garantir un proceso selectivo que require “dunha organización milimétrica”.

As persoas que acaden praza, cambien de especialidade ou accedan ao corpo de inspectores incorporaranse aos seus novos postos xa o vindeiro mes de setembro

Prazas e sedes

Das 1.664 prazas convocadas a maior parte, un total de 1.424 (case o 86%), son de ingreso libre, mentres que 10 son para o acceso ao corpo de inspectores de educación e outras 230 para que mestres que forman parte xa do sistema poidan acceder ao un posto como profesores de Secundaria. 

Por corpos, no de mestres hai 426 prazas en oito especialidades, e no de profesores de ensino secundario, 918 en 33 especialidades. Pola súa banda, hai 80 prazas en oito especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 10 para inspectores de educación. En canto á promoción interna, hai 230 prazas en 32 especialidades.

Os exames desenvólvense en 16 localidades das catro provincias galegas, en concreto na Coruña, Ames, Betanzos, Culleredo, Ferrol, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Rábade, Ourense, Pontevedra, Lalín, Poio, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O maior número de tribunais concéntrase nas probas das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, un total de 93; mentres que para mestres hai 77 tribunais, para profesores especialistas en sectores singulares da Formación Profesional hai 10, para a acreditación do coñecemento de galego, dous tribunais e para inspectores de educación, un tribunal. Por provincias, 81 están na da Coruña, 18 na de Lugo, 19 na de Ourense e 65 na de Pontevedra. A provincia con máis opositores é, en consonancia, a da Coruña, con 9.147 opositores, seguida da de Pontevedra, con 7.277. Na de Lugo están inscritos 1.953 opositores e na de Ourense 2.143. Toda a información ao respecto pode consultarse no dossier adxunto.

FUENTE

  • Related Posts

    Invitación a descubrir las paisajes celestiales de Horst Thürheimer en Ribeira

    Ribeira (A Coruña), 18 de julio de 2025 El consejero de Cultura, Lingua y Juventud, José López Campos, participó hoy en la inauguración de la muestra Paisajes celestiales y terrenales,…

    Marta Villaverde y Anfaco abordan los desafíos de la industria conservera

    Vigo, 18 de julio de 2025 La consejera del Mar, Marta Villaverde, acompañada del director general de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantuvo este viernes un encuentro institucional…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Taxi en Ferrol: tarifas y aplicaciones para solicitar servicio

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente