Medio Rural enfatiza su compromiso con la formación del personal del Servicio de Prevención y Defensa contra Incendios Forestales.

A Rúa (Ourense), 28 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asistiu esta mañá aos exercicios de instrución e adestramento organizados pola Unidade Militar de Emerxencias nos que participan membros do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta. Alí, resaltou a importancia da formación para analizar e mellorar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos que interveñen na prevención e extinción dos lumes forestais.

Lembrou que a Consellería do Medio Rural desenvolve un completo programa de formación que conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros para o bienio 2025-2026, o que supón un incremento do 23,5% en comparación cos datos de 2024. Este programa ten como fin actualizar os coñecementos do dispositivo para mellorar a súa aptitude profesional e integrar diferentes procedementos operativos e manobras máis adaptados aos incendios actuais.

Con estes fondos financiarase a realización de cursos e accións formativas ao longo deste bienio. Neste sentido, este plan formativo está estruturado en seis actuacións que inclúen un catálogo de cursos monográfico; un itinerario formativo profesional; xornadas de adestramento para os profesionais do SPIF; formación para as entidades locais e a poboación e, por último, un programa de divulgación centrado en actividades de sensibilización pública.

Pladiga 2025

María José Gómez lembrou que este plan de formación forma parte da actualización do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) correspondente ao ano 2025. O Pladiga procura reducir o máximo posible, tendo en conta os recursos dispoñibles, as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais.

Entre as súas principais novidades, destacan a creación dunha ferramenta que permita coñecer o risco de incendios nas provincias de Ourense e Pontevedra. Trátase de determinar cales son as áreas nas que formular estratexias preventivas que contribúan a diminuír tanto o número de lumes como a superficie queimada no caso de que se inicien.

Increméntase tamén a superficie xestionada en materia de prevención, coa elaboración dos plans concretos dos seis parques naturais de Galicia, como áreas de actuación singularizada e buscando sempre a compatibilidade entre a protección do patrimonio natural e a prevención do lume.

Toda esta planificación faise de xeito paralelo á mellora das infraestruturas, coa construción e reforma de bases de medios aéreos e das bases de unidades operativas (BUO), aquelas instalacións pensadas para conciliar traballo e descanso por parte do persoal. Para iso, cóntase cun Plan de Infraestruturas dotado de 13,7 millóns de euros que inclúe a construción de novas bases de medios aéreos en Lalín e Valga; a adecuación da de Antela (Sandiás); e a creación de novas BUO en Valga, Portas, Tui e Bande.

Xornadas de adestramento organizadas pola UME

No marco da xornada de adestramento que se desenvolverá ao longo do día de hoxe o persoal do SPIF participará nunha práctica sobre o manexo de ferramentas manuais e mecánicas para roza e movementos por pistas forestais con motobombas. Realizarase tamén un simulacro de incendio forestal, co obxectivo de integrar os diferentes dispositivos como nunha situación real.

O SPIF seguirá colaborando coa UME nos vindeiros días, durante o seu exercicio de instrución e adestramento que se está a desenvolver esta semana na provincia de Ourense, co obxectivo de seguir afondando na boa coordinación e compenetración destes dispositivos na extinción dos lumes forestais.

FUENTE

  • Related Posts

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A Consellería do Medio Rural reafirmou hoxe a súa decidida aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal no marco da…

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, con quen abordou os apoios…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave