Medio Rural investe mais de 15 M€ na modernização do regadío na Limia

Ourense, 2 de xuño de 2025

A Consellería do Medio Rural lembra a súa decidida aposta pola comarca da Limia, con case 15 millóns de euros para a modernización do seu regadío e máis de 16.600 hectáreas de terra mobilizadas. Así o destacou hoxe a titular do departamento, María José Gómez, quen se reuniu con alcaldes desta comarca ourensá. A conselleira, acompañada da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha xuntanza cos rexedores de Xunqueira de Ambía, Porqueira, Baltar, Os Blancos, Sarreaus e Trasmiras.

Na reunión, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, avaliáronse os avances rexistrados en relación co regadío e tamén no eido da mobilización de terras. Sobre o regadío, a conselleira puxo en valor a recente sinatura dun novo convenio coa Comunidade de Regantes Nova Limia por importe de oito millóns de euros ata 2032, que se suma a outros case sete millóns achegados por diferentes conceptos, para que a Comunidade poida facer fronte a parte do financiamento que lle corresponde asumir.

Así, realizáronse  actuacións por importe de catro millóns de euros para a sondaxe e construción de 42 pozos para a captación de augas subterráneas e destináronse outros 2,5 millóns para financiar as instalacións dos grupos de bombeo e de electrificación. Nesta liña, María José Gómez cualificou esta actuación como “estratéxica”, tanto para o desenvolvemento socieconómico da zona como para a potenciación do seu sector agrario, e reafirmou o compromiso da Xunta a prol dunha agricultura sustentable e respectuosa co medio ambiente, contribuíndo ademais a fixar poboación e a mellorar a súa calidade de vida.

Nesta xuntanza abordouse tamén a necesidade de executar actuacións de limpeza nas canles principais e secundarias do regadío. Gómez explicou que a documentación necesaria para levar a cabo estas tarefas xa foi remitida ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co obxectivo de mellorar a drenaxe de auga nos cultivos desta comarca.

Mobilización de terras

Neste contexto, a conselleira sinalou que un sistema de regadío moderno axuda, precisamente, a ter un terreo produtivo e coidado. Por iso, subliñou tamén a aposta da Xunta pola mobilización de terras a través das concentracións parcelarias e os instrumentos da Lei de recuperación, nomeadamente os polígonos agroforestais.

Deste xeito, lembrou que mediante estas dúas ferramentas mobilizáronse xa máis de 16.600 hectáreas nos seis concellos ourensáns que participaron neste encontro de traballo. Cara ao futuro, sinalou Gómez, “seguiremos nesta liña de traballo, sempre de acordo cos municipios e coa súa implicación”.

FUENTE

  • Related Posts

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A Consellería do Medio Rural reafirmou hoxe a súa decidida aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal no marco da…

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, con quen abordou os apoios…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    PP y PSOE llegan a un acuerdo en Brión para favorecer la estabilidad

    Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Recepción de Juan Antonio Cuéllar como xerente do Consorcio para a Promoción da Música

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Apoyo de la Xunta al concello de Boqueixón para mejorar el parque empresarial de Camporrapado

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en A Coruña: plazos y bonificaciones disponibles

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave

    Colisión múltiple en Cambre deja un herido grave