Medio Rural reafirma súa aposta pola seguridade e sanidade animal e vexetal

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

A Consellería do Medio Rural reafirmou hoxe a súa decidida aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal no marco da Conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural e do Consello consultivo de política agrícola e política pesqueira. A titular do departamento, María José Gómez, e a súa homóloga de Mar, Marta Villaverde, participaron por videoconferencia nestas reunións.

Neste contexto, a conselleira do Medio Rural subliñou que a Xunta destina este ano case 30 millóns de euros para reforzar a seguridade e a sanidade animal e vexetal, o que supón un incremento do 43% con respecto ao 2024. Estes fondos serven para a loita e control fronte pragas vexetais, como poden ser o nematodo do piñeiro ou a flavescencia dourada da vide, así como diante de doenzas da cabana gandeira, caso da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) ou a lingua azul, entre outras.

Nesta Conferencia sectorial fíxose efectivo o reparto entre as comunidades autónomas dos recursos do Estado para financiar estes programas sanitarios, no que a Galicia lle corresponden máis de 1,7 millóns de euros, unha asignación que representa preto do 9 % do total nacional e que vén formar parte dese montante de 30 millóns que a Xunta xestiona nesta anualidade.

Esta distribución de fondos faise a partires das necesidades manifestadas polas autonomías e con eles financiaranse, entre outras achegas, as indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando en execución dos referidos programas sanitarios ou o programa de vixilancia da encefalopatía esponxiforme.

Pola súa parte, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, abordou a comunicación da Comisión sobre Pesca sostible na Unión Europea: situación actual e orientacións para 2026 que está en consulta pública como paso previo ao processo para abordar as posibilidades de pesca en outubro. A responsable autonómica resaltou que a Comisión certifica cos datos do 2024 os importantes avances en materia de sostibilidade na xestión pesqueira dos caladoiros comunitarios. Pola contra, lamentou que ata agora estes indicios de sustentabilidade ambiental non teñan o seu correspondente traslado en termos económicos e sociais.

Nesta liña, puxo en valor que o Executivo comunitario recoñeza o impacto de factores distintos á propia actividade pesqueira, como o incremento da temperatura dos océanos polo cambio climático, na evolución das poboacións de peixe. Así, recordou que ata agora estívose cargando nos axustes da frota a mellora do estado dos caladoiros polo que avanzou a necesidade de trasladar e compensar ese esforzo realizado nos últimos anos ás posibilidades de pesca para o 2026. Villaverde reiterou que o obxectivo final é garantir o desenvolvemento dunha Política Pesqueira Común equilibrada que atenda tanto aos factores ambientais como aos económicos e sociais.

FUENTE

  • Related Posts

    Invitación a descubrir las paisajes celestiales de Horst Thürheimer en Ribeira

    Ribeira (A Coruña), 18 de julio de 2025 El consejero de Cultura, Lingua y Juventud, José López Campos, participó hoy en la inauguración de la muestra Paisajes celestiales y terrenales,…

    Marta Villaverde y Anfaco abordan los desafíos de la industria conservera

    Vigo, 18 de julio de 2025 La consejera del Mar, Marta Villaverde, acompañada del director general de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantuvo este viernes un encuentro institucional…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Taxi en Ferrol: tarifas y aplicaciones para solicitar servicio

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Guía práctica para usar la sede electrónica del Ayuntamiento de Ferrol

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Ferrol fácilmente