Miguel Corgos destaca las políticas económicas y financieras de la Xunta para hacer frente a las incertidumbres globales.

A Coruña, 6 de xuño de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe as políticas económicas e financieiras desenvolvidas pola Xunta para facer fronte ás incertezas globais.

Durante a súa participación na xornada Looking at the future, cunha conferencia titulada Patróns de crecemento ante unha conxuntura inestable e incerta, Miguel Corgos subliñou que o principal soporte do crecemento postpandemia de Galicia está marcado polo crecemento da demanda externa e resaltou que a pesar do impacto que está a ter a guerra arancelaria, cunha revisión á baixa do crecemento das economías, Galicia conta con tres grandes ferramentas para facer fronte a esta nova situación.

Como primeiro instrumento, Miguel Corgos referiuse ao Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, que avala que o Goberno galego traballa con previsións e que segue con rigorosidade a folla de ruta marcada. Unha folla de ruta que será sometida a revisión para adaptala á conxuntura actual e que conta con 5 eixes transversais: o reto demográfico, Galicia verde e sostible, competitividade e crecemento, cohesión social e territorial e gobernanza.

Como segunda ferramenta, resaltou a sostenibilidade das finanzas  públicas, marcadas por un peche do orzamento 2024 cun superávit do 0,25%, mellorando as previsións iniciais, onde o obxectivo era xa o déficit cero; polo maior esforzo investidor en relación a todas as comunidades autónomas, alcanzando o 16,4%; e pola redución da débeda en 234 millóns de euros, rebaixando a ratio débeda/PIB ata o 14,5%.

Así mesmo, Galicia é hoxe a cuarta con menos endebedamento de entre as CC.AA. de réxime común, situándose a débeda por habitante en 4.395 euros fronte aos 6.870 euros da medida das comunidades. Cada galego debe hoxe 2.474 euros menos que os habitantes da medidas das comunidades.

Todo isto, pagando con axilidade aos provedores: 17,3 días de media en 2024, é dicir, na metade da media de España. Esta axilidade beneficia aos case 15.700 provedores que traballan coa Xunta, pois favorece a súa liquidez, tendo en conta que moitos deles son pemes e autónomos.

No que respecta aos mercados, Miguel Corgos resaltou o aliñamento das políticas comerciais coa UE como terceiro elemento clave para facer fronte a este novo desafío. Nesta liña, incidiu na necesidade de recuperar a estabilidade e forxar acordos comerciais de beneficio mutuo. E recordou que a credibilidade do marco de política monetaria –coa independencia dos bancos centrais como pedra angular- seguirá a ser fundamental.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública concluíu advertindo que as empresas precisan previsibilidade para avanzar, que a política monetaria terá que seguir anticipándose aos múltiples desafíos e que os mercados de divisas poden experimentar unha forte volatilidade. “Polo xeral, precísase un comportamento prudente, máis claridade e transparencia e unha maior colaboración”, aseverou.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Marta Villaverde aborda temas de interés para el sector del mar de Galicia en el Consello Consultivo de Política Agraria y Pesquera.

    Santiago de Compostela, 13 de febrero de 2026. La conselleira del Mar, Marta Villaverde, participó hoy, por videoconferencia, en el Consello Consultivo de Política Agraria y Pesquera convocado por el…

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    La conselleira del Mar, Marta Villaverde, resaltó hoy en Ribadeo la importancia de la auditoría energética que Recursos de Galicia, en colaboración con la Xunta, está impulsando entre las entidades…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    Inspección evalúa estado de comisaría de Santiago tras incendio; Policía traslada servicios en español.

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    El Teatro Colón acoge ciclo Mujeres de Cine en el Día de la Mujer.

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    Auditoría energética en puertos de Galicia para transición y descarbonización.

    Planificación y presupuesto histórico para conservación de 5.500km de carreteras autonómicas

    La Xunta ultima proyecto para restauración de la laguna de Traba en Laxe

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.

    La Xunta inicia trámites para nueva Ley de aprendizaje permanente de personas adultas.