Prioridades de la estrategia de gestión del cáncer en Galicia: control adecuado del dolor

Redondela (Pontevedra), 6 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou o desafío que supón tratar a dor e a necesidade de sistemas sanitarios que poñan en marcha programas de vixilancia para o seu control.

Remarcou que, no caso de Galicia, a Estratexia de xestión do cancro prioriza o seguimento axeitado da dor oncolóxica e promove a integración dos coidados paliativos desde as etapas iniciais do tratamento. Así mesmo, a Estratexia de calidade e seguridade do paciente conta cunha liña específica, centrada no apoderamento dos doentes, favorecendo a súa participación nos coidados.

Na inauguración do V Tecnofórum de Dor Oncolóxica celebrado na Illa de San Simón, Gómez Caamaño fixo referencia á atención da dor crónica no primeiro nivel asistencial e ao feito de que xa se fagan rexistros trimestrais desde o servizo de calidade asistencial.

Así mesmo, dedicou unhas palabras de recoñecemento ao persoal sanitario, aos familiares e ás asociacións de pacientes.

As unidades da dor, presentes nas sete áreas galegas, realizaron máis de 44.000 consultas no 2024, incrementando en máis dun 40 % as efectuadas no 2020. Boa parte destas consultas dedicáronse a pacientes oncolóxicos, coa intención de mellorar o control da súa dor.

No 2022, a Unidade da Dor do Hospital Universitario de Ourense converteuse na primeira acreditada coa norma ACDON (Acreditación Dor Oncolóxica) pola Sociedade Española de Calidade Asistencial. Segundo o conselleiro de Sanidade, estes datos avalan a importancia dos comités da dor, que coordinan a actividade asistencial en todos os niveis e garanten un enfoque integral.

No referido á medicación destes pacientes, o titular da carteira sanitaria fixo alusión ao acordo de prácticas seguras con medicamentos opioides, unha acción que se complementa coa información que se imparte nesta materia.

Colaboración e abordaxe multidisciplinar

O V Tecnofórum, centrado na dor oncolóxica, ten un enfoque multidisciplinar. Trátase dun espazo de discusión no que se fomenta a xeración de ideas. Este encontro está liderado por un grupo de médicos pertencentes a diferentes especialidades relacionadas coa dor oncolóxica que desenvolven a súa actividade asistencial nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

Ademais dun curso práctico para os residentes de anestesioloxía e oncoloxía con casos reais, entre as actividades destaca a presentación conxunta das sete áreas sanitarias das principais conclusións sobre o manexo, derivación e organización das unidades da dor oncolóxica. O programa tamén inclúe unha sesión final de humanización e sensibilización.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La Xunta colabora con el Concello de Toques en la rehabilitación de la Escuela unitaria de la Cabana y en el acondicionamiento del entorno de la Iglesia de San Martiño de Oleiros.

    El día 11 de diciembre de 2025, la Xunta de Galicia ha firmado dos convenios de colaboración con el Concello de Toques para llevar a cabo importantes actuaciones en el…

    La Xunta y el Concello de la Estrada apoyan el proyecto de ampliación de la EDAR de Aguións.

    La conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, y el alcalde de la Estrada, David Louzao, se reunieron hoy para evaluar el proyecto municipal de ampliación de la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    178 ayuntamientos gallegos carecen de plan ante incendios forestales.

    178 ayuntamientos gallegos carecen de plan ante incendios forestales.

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)