Refuerzo del apoyo a la Federación Galega de Redeiras ‘O Peirao’ para impulsar su actividad en el sector marítimo-pesquero

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

A Consellería do Mar reforza o apoio á Federación Galega de Redeiras O Peirao, co fin de impulsar a súa actividade e de por en valor o traballo que desenvolven dentro do sector marítimo-pesqueiro. Proba delo, é o convenio que asinaron este luns o conselleiro responsable desta carteira, Alfonso Villares, e a presidenta de dito ente, María Jesús González, e que dá continuidade á colaboración que o Goberno galego vén mantendo con este colectivo nos últimos tempos.

O titular do departamento autonómico destacou o labor deste colectivo na loita pola igualdade de oportunidades, pois foi decisivo para conseguir a regulación a nivel nacional desta profesión, o que permitiu implantar un certificado de profesionalidade. Neste senso, puxo en valor a colaboración da Federación co Instituto Galego de Seguridade Laboral para mellorar as condicións de traballo e previr doenzas relacionadas coa súa actividade, así como os avances para implantar un programa específico de inspección laboral para as redeiras galegas.

Alfonso Villares subliñou os esforzos dirixidos á diversificación da actividade coa finalidade de complementar os ingresos das profesionais nos períodos de inactividade e a participación en congresos, feiras e eventos relacionados co sector nos que promocionar o seu traballo e asegurar, dixo, o tan necesario relevo xeracional. Por iso, para o titular de Mar é importante deseñar accións coma o convenio asinado, xa que contribúen a que a xente moza se sinta atraída por esta actividade con presenza maioritaria de mulleres.

150 profesionais

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao agrupa a unhas 150 profesionais e está composta por oito asociacións, que son as seguintes: Atalaia-A Guarda, Cariño, Cedeira, O Cerco-Cangas, Illa da Estrela-Corme, O Feital-Malpica, Portosín e Virxe Carme-Porto do Son.

Naceu co obxectivo de dar a coñecer este oficio e mellorar a profesión dende todos os eidos, desde o laboral, o da saúde, o económico, o social, as relacións coa contorna e o seu impacto no medio ambiente.

FUENTE

  • Related Posts

    Besteiro critica a Rueda por externalizar los servicios sociales

    El secretario general del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ha criticado duramente al presidente de la Xunta por considerar los servicios sociales como un problema que se externaliza en lugar…

    La Xunta premia a empresas por buenas prácticas y compromiso con consumidores

    En la tarde de hoy, en Santiago de Compostela, se llevó a cabo la entrega de la 2ª edición de los Premios Benfeito de Consumo, organizados por la Unión de…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Evacuadas dos personas intoxicadas por monóxido de carbono en Melide, A Coruña.

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Diego Calvo valora el trabajo del Banco de Alimentos Rías Altas y anima a participar en la Gran Recogida de alimentos. ¡Súmate!

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    Activado Plan Camgal en nivel 1 por vertido de depósito de grasa de palma en Puerto de Vigo

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    III Foro de la Industria Audiovisual en Galicia promueve la diversidad y la inclusión en A Coruña.

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Detenido por robar el bolso a una mujer en Ribeira, A Coruña

    Homenaje a Juana de Vega, Luis Huici y Víctor López Seoane por el Día de Todos los Santos.

    Homenaje a Juana de Vega, Luis Huici y Víctor López Seoane por el Día de Todos los Santos.