Román Rodríguez motiva a los 643 jóvenes que aprenderán idiomas en el extranjero este verano con el apoyo de la Xunta.

Santiago de Compostela,  28 de xuño de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, participou esta mañá na xornada de benvida para os 643 estudantes de Bacharelato que este verán viaxarán ao estranxeiro co apoio da Xunta co fin de perfeccionar as súas competencias en distintas linguas.  

No encontro, no que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, o titular de Educación animou aos mozos a que saquen o máximo rendemento desta experiencia, xa que é “unha oportunidade enriquecedora tanto a nivel formativo como desde a perspectiva persoal” de intercambio con outras culturas e linguas.

Román Rodríguez lembrou tamén que estas estadías forman parte do amplo abano de iniciativas que o Goberno ten en marcha a través do programa Galemundo, dotado con 15M€ para a internacionalización e a mellora da aprendizaxe de idiomas entre a comunidade escolar do que se benefician unhas 7.000 persoas entre estudantes e docentes. “A aprendizaxe de idiomas é hoxe unha esixencia para o futuro profesional de calquera persoa e, por iso, desde a Xunta temos un compromiso indiscutible coma formación académica ao respecto”, subliñou o conselleiro, que tamén destacou que Galicia é líder de España en inglés e sitúase no nivel alto do mundo segundo o estudo máis amplo a nivel internacional en coñecemento desta lingua, o Education First (EF).

Estadías en residencias ou con familias

Os 643 estudantes de 1º e 2º curso de Bacharelato que xunto coas súas familias participaron na xornada de hoxe, realizarán estadías de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Canadá e Alemaña durante os meses de xullo e agosto.

O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona entre o 92% e o 69% do custo das estancias dos estudantes en Canadá (228 estudantes), Reino Unido (345 estudantes), Francia (60 estudantes) e Alemaña (dez estudantes). Con cargo a esta partida, a Xunta sufraga parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.

522 centros plurilingües, nove novos

Ademais do Galemundo, composto por unha vintena de liñas de apoio económico, moi diversas e complementarias que favorecen a igualdade de oportunidades respecto á aprendizaxe de linguas estranxeiras, a Xunta tamén reforza o apoio neste eido a través da convocatoria de centros con programas plurilingües, no que o próximo curso participarán un total de 522 centros educativos, dos cales nove implantan programas plurilingües por primeira vez e outros sete que xa formaban parte do programa amplíano a outras etapas educativas. Todos eles, xunto coas Escolas Oficiais de Idiomas, contarán co apoio de 690 auxiliares de conversa de 24 nacionalidades.

Así pois, o vindeiro curso haberá un total de 179 centros plurilingües na Coruña (catro novos e tres que amplían etapa), 69 en Lugo (un deles amplía etapa), 64 en Ourense (dous novos e un que amplía etapa) e 210 na provincia de Pontevedra (tres novos e dous que amplían etapa). O listado dos novos centros plurilingües, ou que amplían etapa é o seguinte:

Provincia da Coruña :

Nova incorporación

Amplían etapa

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Ordes)

CPR Plurilingüe A Ponte Pasaxe (Culleredo)

CPI de Xanceda (Mesía)

CPR Plurilingüe Divino Maestro (Santiago de Compostela)

CEIP de Portosín (Porto do Son)

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Oleiros)

CRA de Valdoviño (Valdoviño

 

 

Provincia de Lugo:

Nova incorporación

Amplían etapa

CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz (Ribadeo)

 

Provincia de Ourense:

Nova incorporación

Amplían etapa

CEIP Nosa Sra de Xuvencos (Boborás)

CEIP Plurilingüe San Marcos (Cartelle)

CEIP Princesa de España (Verín)

 

Provincia de Pontevedra:

Nova incorporación

Amplían etapa

CEIP A Carballeira (Pontevedra)

CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas (Redondela)

CEIP de Barrantes (Tomiño)

CPR Plurilingüe Alba (Vigo)

EEI Hernán Cortés (Vigo)

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    La Xunta colabora con el Concello de Toques en la rehabilitación de la Escuela unitaria de la Cabana y en el acondicionamiento del entorno de la Iglesia de San Martiño de Oleiros.

    El día 11 de diciembre de 2025, la Xunta de Galicia ha firmado dos convenios de colaboración con el Concello de Toques para llevar a cabo importantes actuaciones en el…

    La Xunta y el Concello de la Estrada apoyan el proyecto de ampliación de la EDAR de Aguións.

    La conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, y el alcalde de la Estrada, David Louzao, se reunieron hoy para evaluar el proyecto municipal de ampliación de la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    178 ayuntamientos gallegos carecen de plan ante incendios forestales.

    178 ayuntamientos gallegos carecen de plan ante incendios forestales.

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Alerta naranja por temporal costero en Galicia, con actividad deportiva suspendida

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una mujer fallece al caerle una nevera en su domicilio de Santiago y la Policía Nacional investiga el suceso.

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Una persona herida y cinco vehículos calcinados tras incendiarse un camión portacoches en Riós (Ourense)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Fallece una persona en accidente de tráfico en la OU-1205 de Porqueirós (Muíños)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)

    Dos personas son trasladadas al hospital tras un doble accidente en la AP-9 en Culleredo (A Coruña)