Seis nuevas iniciativas emprendedoras se incorporan a ACCEDE Papagaio en menos de un mes

A recente modificación da ordenanza que regula o funcionamento dos Centros Municipais de Empresas (CME) da Coruña comeza a dar os seus froitos cun balance moi positivo: seis novas iniciativas empresariais incorporáronseao espazo coworking ACCEDE Papagaio nas últimas semanas desde a entrada en vigor da nova normativa.

Este impulso responde á aposta do Goberno de Inés Rey por reforzar os instrumentos municipais de apoio á creación de emprego e ao emprendemento, mediante medidas que facilitan o acceso aos recursos públicos e promoven a dinamización do tecido produtivo local.

As modificacións introducidas permiten ampliar os criterios de acesso tanto no Centro Municipal de Empresas da Grela como no espazo coworking ACCEDE Papagaio. A ordenanza estende a condición de nova empresa ata os cinco anos desde a alta censal e incorpora tamén a posibilidade de acesso para empresas em fase de consolidación, cunha antigüidade de entre cinco e dez anos. Ademais, amplíase o tempo máximo de permanencia nos centros ata nove anos, simplifícase o modelo de plan de empresa e elimínase a participación de entidades externas nos procesos de selección, reducindo prazos e axilizando trámites.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, destacou que «esta resposta inicial confirma que as modificacións eran necesarias para facer máis accesibles e funcionais os recursos municipais. Os Centros Municipais de Empresas deben ser ferramentas útiles e adaptadas á realidade actual do emprendemento».

As seis novas empresas incorporadas a ACCEDE Papagaio son:

  • Balimba, dedicada á fabricación e venda en liña de bixutería.
  • Product Experience Designer, especializada en deseño de conceptos e interfaces para aplicacións dixitais.
  • Xabarín Eventos y Ocio, centrada na organización de campamentos e actividades de lecer.
  • Beta-Lab, dedicada ao desenvolvemento de solucións de intelixencia artificial.
  • Hui Wang, que ofrece servizos de xestoría administrativa en liña para autónomos e pemes.
  • Antelo Abogado, despacho de asesoría xurídica en dereito español e portugués.

Estas iniciativas súmanse ao resto de proxectos xa aloxados nos centros municipais, reforzando un ecosistema empresarial baseado na colaboración, a innovación e a sostibilidade.

Con esta actuación, o Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa xeración de emprego, a promoción da actividade empresarial e o fortalecemento dun modelo económico de proximidade, sustentado en valores de cooperación e desenvolvemento local.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Intercambio escolar entre A Coruña y Guimarães fortalece lazos entre alumnos del CEIP de Prácticas.

    A Coruña y la ciudad portuguesa de Guimarães estrechan lazos en el marco de un programa de intercambio escolar entre los municipios del Eje Atlántico. En esta ocasión, el alumnado…

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    El presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, ha hecho declaraciones en respuesta a Alfonso Rueda, titular de la Xunta, acerca del «acuerdo general» sobre el gallego que,…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    A Mesa acusa a Rueda de incumplir acuerdo sobre gallego

    La rúa San Andrés estrena banco morado en apoyo a la Fibromialgia

    La rúa San Andrés estrena banco morado en apoyo a la Fibromialgia

    Tres personas heridas en colisión de tres vehículos en Marín (Pontevedra)

    Tres personas heridas en colisión de tres vehículos en Marín (Pontevedra)

    Pintadas vandálicas en barco de Poio que recuerda a Colón generan condena

    Pintadas vandálicas en barco de Poio que recuerda a Colón generan condena

    Villaverde destaca en la XXVIII Fiesta de la Trucha de Oroso las propiedades de este producto y su valor para Galicia.

    Cuatro heridos en colisión entre dos coches y un camión en Curtis (A Coruña)

    Cuatro heridos en colisión entre dos coches y un camión en Curtis (A Coruña)