Villares critica o decreto do Goberno central e anuncia novas accións de promoción de peixe

Teo (Coruña), 11 de abril de 2025

A campaña autonómica de promoción dos produtos pesqueiros GALICIA SABE AMAR recalou no CEIP Plurilingüe Os Tilos, no concello coruñés de Teo, co obxectivo de seguir afondando na divulgación das calidades, boas pautas alimenticias e propiedades nutritivas destes alimentos. Alí estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que puxo en valor o traballo da Xunta para reverter a tendencia negativa na presenza do peixe, marisco e conservas na dieta da cidadanía e subliñou a importancia estratéxica da poboación máis nova, xa que é nesa etapa cando se adquiren os hábitos alimenticios e pola na súa condición de consumidores do mañá.

O responsable autonómico subliñou que estes alimentos presentan importantes beneficios para a saúde xa que o peixe ten un alto contido en omega-3 que favorece o desenvolvemento cognitivo dos máis pequenos da casa. Tamén é rico en vitaminas e minerais así como de proteínas de alta calidade que, entre outros beneficios, axudan a reducir nun 60% o risco de padecer déficit de atención ou hiperactividade.

Con estes argumentos cuestionou o proxecto de Decreto de Seguridade Alimentaria e nutrición para o fomento dunha alimentación saudable e sostible nos centro educativos, que previsiblemente será aprobado no Consello de Ministros do vindeiro 22 de abril, e que limita a unha soa ración semanal destes alimentos nos centros educativos. Así, recordou que só en Galicia son máis de 80.000 os usuarios dos comedores escolares, alertando o posible impacto negativo desta medida.

Nesta liña, manifestou o seu apoio ás demandas do sector e recordou que esta decisión contradí as recomendacións de organismos como a Organización Mundial da Saúde (OMS) ou a propia Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) dun mínimo de tres racións semanais. Por outra banda, contrapuxo esta medida co que se vén facendo noutros países veciños como Francia cun mínimo de dous racións semanais ou Portugal que fixa unha recomendación de 3 ou 4 racións á semana para os menores ata os 10 anos.

Para Alfonso Villares xa “chove sobre mollado” e cualifica este decreto como “novo ataque á pesca galega”, estratéxica para a economía da comunidade que representa o 5% do PIB e ao redor de 50.000 empregos. Así, recordou a reiterada negativa do Executivo estatal a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros, indo de novo a contracorrente doutros países da Unión Europea, ou as insuficientes accións de promoción nun contexto de progresivo descenso do consumo no conxunto do Estado.

Modelo galego

O titular de Mar contrastou a actuación do Goberno central coas actuacións nas que leva tempo traballando a Xunta desenvolvendo accións de promoción entre as que destaca a propia campaña GALICIA SABE AMAR que, ademais, tamén permite visibilizar o traballo e bo facer dos profesionais do mar. Un labor que contribuíu a un incremento no consumo de peixe, marisco e conservas na comunidade de case o 6% no 2024 ata os 25 quilos per cápita, 7 quilos por enriba da media de toda España.

Por outra banda, anunciou que o departamento autonómico está traballando no deseño de novas medidas que permitan afondar nos incentivos ao consumo dos produtos pesqueiros galegos, especialmente entre a xente nova, co dobre obxectivo de promover hábitos alimenticios saudables á vez que se reforza unha actividade que sitúa a Galicia como referente a nivel europeo.

FUENTE

  • Related Posts

    La Xunta fortalecerá lazos con la comunidad gallega en Chile y Argentina.

    Santiago de Compostela, 20 de julio de 2025 El consejero de Empleo, Comercio y Emigración, José González, viajará a Chile y a Argentina la próxima semana con el objetivo de…

    A Xunta impulsa 59 obras en centros educativos de Pontevedra por 50 M€

    Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 19 de xullo de 2025 A Xunta de Galicia está a desenvolver este ano un total de 59 intervencións en centros educativos da provincia de Pontevedra…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Menú del día en Ferrol por menos de 15 €: opciones y recomendaciones

    Menú del día en Ferrol por menos de 15 €: opciones y recomendaciones

    Restaurantes imprescindibles de Ferrol según tipo de cocina

    Restaurantes imprescindibles de Ferrol según tipo de cocina

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Aparcamiento regulado y parkings gratuitos en Ferrol: guía práctica

    Taxi en Ferrol: tarifas y aplicaciones para solicitar servicio

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Horarios y abonos de la estación de tren Renfe en Ferrol

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados

    Autobuses interurbanos Ferrol a A Coruña: líneas y horarios actualizados