Xunta y Autoridades Portuarias abordan asuntos de interés para el sistema portuario en Galicia

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu esta mañá a reunión de coordinación das Autoridades Portuarias do Estado en Galicia, a saber, Ferrol-San Cibrao, A Coruña, Vilagarcía, Marín-Pontevedra e Vigo, e Portos de Galicia na que se abordaron cuestións de interese para o conxunto do sistema portuario galego. Villaverde resaltou a importancia destes encontros para coordinar a resposta ás principais necesidades que comparten tanto os portos de titularidade estatal, dependentes de Puertos del Estado, como os 122 peiraos autonómicos, xestionados pola Xunta de Galicia a través de Portos.

Neste encontro, Xunta e Autoridades Portuarias do Estado en Galicia coincidiron en resaltar os avances na mellora da rede portuaria da comunidade, redundando positivamente nos tráficos de mercadorías, pasaxeiros e na actividade pesqueira, un sector estratéxico que representa ao redor do 5% do PIB e preto de 50.000 empregos.  Así, púxose en valor o seu relevante papel no comercio internacional canalizando estes recintos portuarios boa parte das exportacións galegas que no caso da pesca elévanse a 2.800 millóns de euros anuais. Unhas cifras que precisan continuar afondando en novas actuación nestas infraestruturas para seguir gañando competitividade e sostibilidade nun contexto global complexo e moi competitivo.

Por outra banda, houbo consenso en traballar no impulso da promoción das dársenas deportivas baixo a filosofía Galicia, porto único, co obxectivo de que os portos deportivos galegos continúen gañando relevancia no mercado nacional e internacional. Unha folla de ruta que xa está dando os seus froitos rexistrando os peiraos de titularidade autonómica unha facturación 6,2 millóns de euros no 2024. O obxectivo este ano é superar as 5.800 embarcacións estranxeiras que recalaron na comunidade e reforzar esta actividade como fonte dinamizadora das economías das comunidades costeiras. Con ese obxectivo, Portos de Galicia destina este ano 1,2 millóns de euros á mellora e mantemento destes recintos portuarios.

Desbloqueo das dragaxes

Neste encontro, Xunta e Autoridades Portuarias do Estado en Galicia coincidiron na necesidade de que o Ministerio de Transición Ecolóxica autorice canto antes un punto de vertido que permita desbloquear as obras de dragaxe pendentes nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo. Actuacións que están paralizadas desde 2021 cando o Goberno central decidiu non autorizar máis depósitos no punto E8, no exterior de Sálvora, ata contar cun estudio de alternativas que analizase outras posibilidades.

En resposta a este requirimento, Portos de Galicia constituíu de inmediato unha comisión técnica integrada polo propio ente público, as Autoridades Portuarias de Vilagarcía, Marín-Pontevedra e Vigo –todas elas afectadas pola decisión- e o CEDEX, como organismo estatal de referencia e maior prestixio en materia de dragaxes. Esta comisión realizou durante catro anos o traballo de campo necesario para o estudo de alternativas solicitado e que foi remitido ao MITECO o pasado mes de abril para que este autorice canto antes un punto de vertido en base ao criterio dos técnicos. Na actualidade o Ministerio aínda non autorizou o punto de vertido que permita retomar os proxectos para 16 dragaxes nas Rías Baixas, entre a do río Lérez e acceso ao porto de Pontevedra.

FUENTE

  • Related Posts

    Anuncio de Oferta de Empleo Público de la Administración General para 2025 con más de 700 plazas nuevas de acceso libre

    El Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ha anunciado que antes de finalizar este año se aprobará la Oferta de Empleo Público (OEP) de la Administración general para…

    Galicia se queja por falta de nueva financiación en CPFF

    La Xunta de Galicia asistió al Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) con la queja de que no se incluyera en el orden del día la apertura de la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Homenaje a las víctimas de accidentes viales en la Estación de Autobuses

    Homenaje a las víctimas de accidentes viales en la Estación de Autobuses

    La oposición exige dimisión de Sanmartín por situación de bomberos en Santiago

    La oposición exige dimisión de Sanmartín por situación de bomberos en Santiago

    Bomberos trabajan para extinguir incendio en bloque de viviendas en Santiago

    Bomberos trabajan para extinguir incendio en bloque de viviendas en Santiago

    Trasladan a persona por inhalación de humo tras incendio en campana extractora en Ames.

    Trasladan a persona por inhalación de humo tras incendio en campana extractora en Ames.

    El deporte adaptado como elemento de inclusión en la sociedad

    Destacan esfuerzo y dedicación de la sociedad por la lengua en los premios San Martiño.