A Coruña conmemora los 20 años de la Ley del Matrimonio Igualitario

O Concello da Coruña celebrou esta mañá un acto institucional con motivo do 20 aniversario da Lei do Matrimonio Igualitario, que tivo lugar no Salón de Sesións do Palacio Municipal, espazo emblemático da vida democrática local. O acto reuniu a representantes das catro principais institucións da provincia -Concello, Goberno de España, Xunta de Galicia e Deputación-, así como a membros da corporación municipal, entidades LGTBI, sindicatos, colectivos veciñais e representantes do tecido social da cidade.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto e destacou o valor institucional e político desta efeméride «Non é só unha celebración. É unha declaración de principios», afirmou.

No seu discurso alertou contra os retrocesos impulsados pola extrema dereita e subliñou que «a igualdade está ameazada e non podemos mirar cara outro lado». Tamén reivindicou o papel do Concello como institución garante de dereitos: «Aquí non pechamos portas. Abrímolas ao amor, á diversidade e ao respecto.»

Durante a súa intervención, Inés Rey quixo lembrar a figuras históricas da loita LGTBI na cidade, como Elisa e Marcela, protagonistas do primeiro matrimonio entre dúas mulleres do que se ten constancia en España, ou Tomás Fábregas, activista coruñés recoñecido internacionalmente pola súa defensa das persoas con VIH e dos dereitos LGTBI. «A Coruña soubo estar sempre á altura. E non temos intención de deixar de estalo», concluíu.

Vinte anos dunha conquista histórica

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, deu lectura ao encabezamento da Lei 13/2005, do 1 de xullo, que fixo posible o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. De seguido, interveu a concelleira Noemí Díaz, membro do goberno local que puido acceder ao matrimonio grazas á nova lexislación, quen compartiu unha emotiva reflexión sobre a importancia de que a súa historia persoal sexa tamén símbolo dunha conquista colectiva.

A continuación, tomaron a palabra Carmen Marón, ex deputada pola Coruña e unha das parlamentarias que votou a favor da lei no Congreso, e Mar Barcón, ex concelleira que oficiou as primeiras vodas igualitarias na cidade no ano 2005. Ambas destacaron o contexto político daquel momento e puxeron en valor o papel das administracións locais á hora de facer realidade os dereitos na vida cotiá das persoas.

Recoñecemento ás parellas pioneiras

Un dos momentos máis simbólicos do acto foi a intervención das dúas primeiras parellas LGTBI que formalizaron o seu matrimonio en A Coruña. José Luis Quintela e Marcos Soto, primeira parella que casou en María Pita, e Isaac González e José Ramón Veiras, primeiros en facelo no Salón de Sesións. A alcaldesa louvou o seu exemplo: «Representades moito máis que un vínculo persoal. Representades unha conquista colectiva.»

O acto rematou coa interpretación do Coro Cores, que interpretou «El amor», «A mi manera» e «Lay all your love on me».

Compromiso fronte á ameaza do odio

Ao pechar o acto, a alcaldesa lanzou unha mensaxe clara e contundente fronte ao avance de discursos contrarios aos dereitos fundamentais: «Vivimos tempos perigosos. Non todos os discursos son inocentes. E non todas as opinións son inofensivas.»

Reivindicou o papel do Concello como espazo de defensa da igualdade: «Esta institución está comprometida coa democracia. E iso significa defender os dereitos de todas as persoas, sexan como sexan, amen a quen amen.»

Inés Rey reafirmou o compromiso do goberno local coa diversidade e co avance dos dereitos humanos: «Non daremos un paso atrás. Nin nesta cidade, nin nesta institución.»

FUENTE

  • Related Posts

    Incendio en despacho de abogados y notaría en Santiago: posiblemente intencionado.

    Un incendio ha devastado las puertas de un despacho de abogados y una notaría en un edificio ubicado en el centro de Santiago de Compostela. Según informaron los Bomberos de…

    El Concello ofrece más de 130 plazas en cursos de golf hasta finales de año

    Mañana, lunes 1 de septiembre, se abrirá el plazo de solicitud para optar a las más de 130 plazas que ofrece el Concello en los cursos de golf que tendrán…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Incendio en despacho de abogados y notaría en Santiago: posiblemente intencionado.

    Incendio en despacho de abogados y notaría en Santiago: posiblemente intencionado.

    Guía práctica sobre la sede electrónica del Ayuntamiento de Carballo

    Guía práctica sobre la sede electrónica del Ayuntamiento de Carballo

    Los incendios forestales de A Pobra do Brollón, Maceda, Montederramo, A Mezquita y Avión han sido extinguidos.

    Los incendios forestales de A Pobra do Brollón, Maceda, Montederramo, A Mezquita y Avión han sido extinguidos.

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Carballo

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Carballo

    Cómo pagar el IBI en Carballo: plazos y bonificaciones disponibles

    Cómo pagar el IBI en Carballo: plazos y bonificaciones disponibles

    Muere un hombre encontrado debajo de su tractor en O Saviñao (Lugo)

    Muere un hombre encontrado debajo de su tractor en O Saviñao (Lugo)