As Pontes se une al programa de la Xunta para construir vivienda protegida

As Pontes (A Coruña), 27 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, vén de asinar no Concello das Pontes o primeiro convenio enmarcado no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. Así, a Xunta pon a disposición do concello pontés a nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, as parcelas da súa titularidade para a construción de vivendas protexidas.

Martínez Allegue agradeceu ao alcalde a súa boa disposición e destacou que en apenas 15 días de vixencia, o programa está a suscitar o interese de varios concellos. A titular de Vivenda e Infraestruturas animou ás administracións locais a sumarse a esta ferramenta e así colaborar coa Xunta para atallar o problema do acceso da vivenda xa que é “unha responsabilidade compartida na que todos temos competencia”.

Deste xeito, a Xunta sacará a concurso público en réxime de libre concorrencia dúas parcelas de titularidade municipal para a construción de fogares protexidos tanto en réxime de alugueiro como de venda. Ademais, deste xeito, facilitarase a información aos promotores, cooperativas e á cidadanía, en xeral, sobre os solos dispoñibles.

O Goberno galego, a través do IGVS, tamén se encargará da redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que o Concello só terá que ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación.

A conselleira recordou que o prazo para adherirse a este programa permanecerá aberto indefinidamente.

FUENTE

  • Related Posts

    Destacan esfuerzo en implementación de primera fase de Ley de Eficiencia Judicial

    Bergondo (A Coruña), 1 de xullo de 2025 O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración da XXV Escola de Verán do Poder Xudicial, no…

    Destacan potencial de crecimiento de Casa Grande de Xanceda en proyecto autonómico.

    Mesía (A Coruña), 1 de xullo de 2025 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe as instalacións de Casa Grande de Xanceda, onde destacou o seu potencial…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    ¿Te has perdido?

    Controlado un incendio en A Pobra de Trives y continúa activo otro en Chandrexa de Queixa (Ourense)

    Controlado un incendio en A Pobra de Trives y continúa activo otro en Chandrexa de Queixa (Ourense)

    Destacan esfuerzo en implementación de primera fase de Ley de Eficiencia Judicial

    Destacan esfuerzo en implementación de primera fase de Ley de Eficiencia Judicial

    BiciCoruña rompe récords con más de 160.000 usos en un mes

    BiciCoruña rompe récords con más de 160.000 usos en un mes

    Destacan potencial de crecimiento de Casa Grande de Xanceda en proyecto autonómico.

    Destacan potencial de crecimiento de Casa Grande de Xanceda en proyecto autonómico.

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Santiago de Compostela

    Cómo consultar y recurrir multas de tráfico en Santiago de Compostela

    Conato de incendio en A Cañiza por vehículo en llamas

    Conato de incendio en A Cañiza por vehículo en llamas