La Xunta refuerza el diálogo con el sector académico y empresarial en la XIV Reunión del Foro Económico de Galicia para afrontar los retos actuales.

Muxía (A Coruña), 24 de abril de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participaron hoxe na XIV Reunión Anual Foro Económico de Galicia, un evento que reúne en Muxía a expertos dos ámbitos académico, empresarial e político para debater sobre os principais retos económicos e sociais do momento actual.

No marco do panel centrado en atracción de talento, José González salientou a importancia de promover unha captación de traballadores ordenada e sempre da mán das empresas, clave para potenciar a competitividade do tecido produtivo e dar resposta a retos hoxe estruturais en toda Europa como a cobertura de vacantes e a necesaria remuda xeracional. A este respecto, destacou que Galicia está a trazar unha ambiciosa folla de ruta que —complementariamente á potenciación do mercado laboral interno— ten posto o foco prioritariamente na atracción dos galegos e galegas do exterior e avanza tamén no desenvolvemento de liñas dirixidas especificamente a traballadores de terceiros países.

No que atinxe aos galegos e galegas da diáspora, puxo en valor ferramentas como o programa Retorna Cualifica Emprego —enmarcado na Estratexia Galicia Retorna— que promove oportunidades laborais en orixe e que na actualidade conta con máis dun cento de empresas galegas inscritas que ofertan 600 vacantes. Ademais, incidiu en que este ano se deu un paso máis coa celebración en marzo das feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai, coa participación de 5 clústeres e unha vintena de empresas de sectores estratéxicos e ás que asistiron máis de 3.500 persoas.

Para completar esta aposta pola atracción de talento —e xa no referido aos traballadores de terceiros países— puxo de relevo que a Xunta vén de asinar un documento pioneiro con Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai co obxectivo de crear unha canle de oportunidades e sinerxías entre administracións, contando cun procedemento tutelado para blindar as garantías dos traballadores con vontade de emigrar e das empresas galegas interesadas en captar talento exterior. Tamén insistiu na necesidade dunha maior axilidade administrativa por parte do Goberno central no que respecta á homologación de títulos e á tramitación de permisos de traballo. Neste último caso, lembrou  que —como xa anunciou o Presidente Rueda no Debate do Estado da Autonomía—, Galicia está en disposición de demandar estas competencias ao Executivo central.

Os desafíos económicos nunha contorna cambiante

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, foi o encargado de introducir o relatorio do profesor González Páramo, ex-conselleiro do Banco Central Europeo. Na súa presentación, Corgos fixo fincapé no momento de especial complexidade que se está a vivir no mundo, debido ás tensións inflacionistas, á incerteza derivada dos conflitos xeopolíticos e aos efectos estruturais da transformación enerxética e tecnolóxica.

A todo isto súmanse, advertiu Corgos, os efectos da política arancelaria estadounidense, que incrementa a inseguridade e proxecta interrogantes sobre as economías abertas, como a europea, e o seu papel no novo equilibrio económico global. Para o conselleiro de Facenda, a política monetaria está nunha encrucillada sobre a que é preciso reflexionar con rigor e aprendendo das leccións que outras crises nos ensinaron.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Diálogo con sindicatos y patronal para reducir impacto del absentismo laboral y proteger derechos de trabajadores.

    El conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, ha destacado la importancia de dialogar con los sindicatos y la patronal para establecer un Plan de abordaje que reduzca el…

    Compromiso de Birdmind con la innovación y la formación profesional en Galicia.

    El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades y FP, Román Rodríguez, visitó hoy en Pontevedra la empresa gallega Birdmind, especializada en la elaboración de materiales sostenibles para el sector de la…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Evacuado en helicóptero un hombre herido de gravedad tras accidente con grúa en Bande (Ourense)

    Evacuado en helicóptero un hombre herido de gravedad tras accidente con grúa en Bande (Ourense)

    Fabiola García destaca impulso del talento femenino gallego para avanzar en igualdad real

    Apoyo de 30 años a pacientes y familias de la Asociación Española Contra el Cáncer en Cabana de Bergantiños es destacado por el conselleiro de Sanidad.

    Gómez Caamaño destaca inversión de 90 M€ en tecnología para atención primaria

    Muere un hombre en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor y un árbol mientras cortaba leña.

    Muere un hombre en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor y un árbol mientras cortaba leña.

    Fallece un hombre en accidente con tractor en A Pobra de Brollón (Lugo)

    Fallece un hombre en accidente con tractor en A Pobra de Brollón (Lugo)