Villaverde destaca a excelencia do programa de formación em xestión pesqueira da UIE

Vigo, 26 de xuño de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou a aposta pola excelencia no ámbito da formación pesqueira do programa Executive Program in Seafood Management posto en marcha pola Universidade Intercontinental da Empresa (UIE). Así o manifestou no acto de clausura na sede da Afundación en Vigo onde resaltou que esta iniciativa pioneira afonda no valor estratéxico dun sector esencial para garantir a soberanía alimentaria do conxunto de Europa.

Nesta liña sinalou a necesidade de mudar as políticas comunitarias para abordar con éxito os retos aos que se enfronta a industria pesqueira que garde o necesario equilibrio entre as capacidades de pesca e os recursos dispoñibles que garanta un futuro sostible para o sector. Por iso reiterou que as políticas ambientais deben ser necesariamente coherentes no ámbito económico e social para asegurar a viabilidade e competitividade da actividade pesqueira.

Marta Villaverde puxo en valor que, neste contexto, a primeira edición da Executive Program in Seafood Management sitúa unha vez máis Galicia á vangarda na formación en xestión pesqueira. Unha iniciativa que reforza o tecido produtivo do mar e o seu papel clave na produción sostible de alimentos de calidade. Un sector que é cada vez máis industrial, especialmente en termos de xeración de valor, e que no caso do segmento transformador precisa dunha elevada cantidade de materia prima.

A conselleira do Mar situou á UIE como aliada da cadea mar-industria galega contribuíndo ao desenvolvemento de estratexias e competencias adaptativas que exixen as actuais circunstancias normativas, económicas e comerciais. Nun mercado globalizado resulta imprescindible ampliar as canles de distribución e comercialización para reforzar o liderado galego no mercado pesqueiro internacional.

Innovación e sustentabilidade

O I Executive Program in Seafood Management xurdiu como resposta á demanda do propio sector e está deseñado tomando como eixos centrais a innovación, a sustentabilidade e a perspectiva global propia dunha actividade que se desenvolve en caladoiros espallados polos cinco continentes. Este programa académico de última xeración afonda na realidade do mar actual para abordar os problemas presentes e futuros aos que se enfronta a industria pesqueira.

FUENTE

  • Pablo Arranz

    Pablo Arranz

    Soy Pablo Arranz, licenciado en ADE por la Universidad Complutense y con un máster en Dirección de Personas y Desarrollo Organizativo por ESIC. Me interesan el networking y el social media, y enfoco mi desarrollo profesional en la gestión del talento y la transformación organizativa.

    Related Posts

    Ángeles Vázquez propone Ley gallega del litoral como referencia para nueva normativa estatal de Costas

    Hoy en el II Congreso Nacional del Litoral, celebrado en Valencia, la conselleira de Medio Ambiente y Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ha destacado la importancia de la Ley de ordenación…

    La Xunta fortalecerá la red de polos de emprendimiento con la futura estrategia y sectores clave en cada territorio

    El conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacó el trabajo del Gobierno gallego en el fomento del emprendimiento ligado al territorio. En este sentido, resaltó la futura estrategia…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    Servicios

    Fin de semana cultural en el Teatro Colón: concierto de Pedro Guerra y Javier Álvarez y ciclo Mulleres de Cine.

    Fin de semana cultural en el Teatro Colón: concierto de Pedro Guerra y Javier Álvarez y ciclo Mulleres de Cine.

    Conductora multiplica tasa de alcohol, da positivo en cocaína y choca en Ferrol tras suspender examen de conducir.

    Conductora multiplica tasa de alcohol, da positivo en cocaína y choca en Ferrol tras suspender examen de conducir.

    El conselleiro destaca la nueva etapa del Campus Terra como oportunidad para reforzar Lugo como polo de I+D+I en agricultura, ganadería y salud global.

    Hallan cadáver del vecino de Teo desaparecido en el río Ulla.

    Hallan cadáver del vecino de Teo desaparecido en el río Ulla.

    Hombre herido al caer con tractor en A Lama (Pontevedra)

    Hombre herido al caer con tractor en A Lama (Pontevedra)

    A Coruña y Cádiz refuerzan su alianza estratégica en su 20º aniversario de hermanamiento.

    A Coruña y Cádiz refuerzan su alianza estratégica en su 20º aniversario de hermanamiento.